ACTIVIDADES E CATEGORÍAS
As nosas actividades están abertas a alumn@s dende os 6 ata os 99 e están divididas en varios grupos e categorías:
MINIESGRIMA (6-8 anos)
A Escola Hungaresa achega a esgrima aos máis cativ@s, para que se familiaricen coas pautas e conceptos elementais a través de xogos e exercicios de esgrima e o emprego de material específico para nen@s como sabres e caretas de plástico, así como sabres láser.
Entre outros contidos destacan os seguintes:
- Aprendizaxe de posicións, desprazamentos, ataques e defensas elementais de esgrima.
- Adquisición dos conceptos elementais de tempo, distancia e ritmo. - Fomento dos valores de respecto, disciplina, compañeirismo, afouteza e humildade, propios do noso club e inherentes á esgrima.
- Promoción de hábitos de vida saudable. - Coñecemento elemental do regulamento e normas de comportamento da esgrima.


CATEGORÍAS M-11 (9-10 anos) M-13 (11-12 anos)
A
Escola Hungaresa achega a esgrima aos nen@s de 8 a 12 anos, para que
se familiaricen coas pautas e conceptos básicos a través de xogos e
exercicios de esgrima e o emprego de material específico para nen@s como
sabres e caretas de metal, así como sabres láser.
Entre outros contidos destacan os seguintes:
- Aprendizaxe de posicións, desprazamentos, ataques e defensas básicas de esgrima.
- Adquisición dos conceptos básicos de tempo, distancia e ritmo. - Fomento dos valores de respecto, disciplina, compañeirismo, afouteza e humildade, propios do noso club e inherentes á esgrima.
-
Promoción de hábitos de vida saudable.
- Coñecemento básico do regulamento e normas de comportamento da
esgrima.
CATEGORÍAS M-15 (13-14 anos) M-17 (15-16 anos) M-20 (17-19 anos)
Esgrima de lecer e de competición para moz@s de 13 a 19 anos. Clases e adestramentos de iniciación, perfeccionamento e tecnificación.
Entre outros contidos destacan os seguintes:
- Aprendizaxe de posicións, desprazamentos, ataques, contraataques e defensas básicas e complexas de esgrima.
- Adquisición dos conceptos básicos e complexos de tempo, distancia e ritmo. - Fomento dos valores de respecto, disciplina, compañeirismo, afouteza e humildade, propios do noso club e inherentes á esgrima.
-
Promoción de hábitos de vida saudable.
- Coñecemento profundo do regulamento e normas de comportamento da
esgrima.

ESGRIMA PARA ADULT@S (maiores de 20 anos)
Esgrima de lecer e de competición para maiores de 20 anos. Clases e adestramentos de iniciación, perfeccionamento e tecnificación.
Entre outros contidos, no grupo de adult@s poderás: - Realizar unha actividade física e mental, técnica e táctica que resulta moi saudable e divertida.
- Aprender unha técnica secular que proporciona coordinación, concentración, ritmo, axilidade...
- Desconectar da rutina diaria, relaxarse, distraerse e practicar unha actividade entretida.
- Coñecer xente e formar novas amizades a través dunha práctica común.
@s adult@s tamén poden competir en torneos autonómicos, nacionais e internacionais, existindo un circuito de competición moi amplo e variado de categoría senior e veteráns.
ESGRIMA A CEGAS (esgrima adaptada á discapacidade visual)
Esgrima de lecer e de competición para persoas con discapacidade visual recoñecida. Clases de iniciación, perfeccionamento e tecnificación. Aprendizaxe das pautas e conceptos básicos así como das técnicas complexas e especializadas
que permitan alcanzar un nivel óptimo, podendo
participar en eventos de ámbito autonómico, nacional e
internacional.
ESGRIMA HISTÓRICA (Artes Marciais Históricas Europeas)
H.E.M.A. (Historical European Martial Arts) é unha modalidade de esgrima que recupera a práctica con réplicas de armas antigas. Clases e adestramentos de iniciación e perfeccionamento con distintas armas (espada longa, espada roupeira, sabre clásico). Aprendizaxe das pautas e conceptos básicos así como das técnicas complexas e especializadas
que permitan alcanzar un nivel óptimo, podendo
participar en eventos deportivos e de recreación histórica de ámbito autonómico, nacional e
internacional.
Complementando
a práctica cotiá da esgrima e os adestramentos, a Escola Hungaresa
pretende dar a coñecer a disciplina fomentando a organización de torneos, obradoiros de iniciación e tecnificación, exhibicións públicas e representacións de esgrima escénica e teatral.
