MATERIAL

EQUIPACIÓN BÁSICA E MATERIAL PARA AS CATEGORÍAS M-10 E M-12:         

@s tiradores/as das categorías M-10 e M-12 deberán adquirir o guante de esgrima durante o primeiro mes de iniciación.  
O Club pon á súa disposición o resto do material básico para a práctica da esgrima durante toda a temporada
.




EQUIPACIÓN BÁSICA E MATERIAL PARA A CATEGORÍA M-15 E SEGUINTES:   

@s tiradores/as de categoría M-15 e superiores deberán adquirir o guante de esgrima durante o primeiro mes de iniciación.
O Club pon á súa disposición o resto do material básico para a práctica da esgrima durante a primeira temporada.


Pasado este período @ tirador/a deberá adquirir a súa propia equipación completa de esgrima.


Coa entrega da chaqueta protectora nas primeiras semanas @ tirador/a deberá abonar un depósito de 50 €, que se reintegrará cando @ tirador/a devolva a chaqueta, ben por causar baixa no Club, ben pola adquisición dunha propia antes do remate da temporada en curso.


@ tirador/a farase responsable do mantemento e coidado da chaqueta.




ADQUISICIÓN DE MATERIAL DE ESGRIMA:                                    

@s tiradores/as da Escola Hungaresa de Esgrima poden facer as súas compras de material a través do propio Club, dispoñendo así dun 10% de desconto.
Nos taboleiros de información do Club atoparedes os catálogos de distintas marcas de material de esgrima coas súas correspondentes listas de prezos.



MATERIAL DE COMPETICIÓN PARA A CATEGORÍA M-15 E SEGUINTES:
                   

Segundo normativa da FGE @s tiradores/as que participen en competicións oficiais de ámbito autonómico deberán levar a indumentaria completa de esgrima (incluído o pantalón).

Durante a súa primeira temporada @s tiradores/as poderán participar nas competicións oficiais de ámbito autonómico co material específico cedido polo Club (chaquetas eléctricas, pasantes, sabres eléctricos, manguitos...). Non así o pantalón de esgrima, que deberá ser adquirido pol@ tirador/a se desexa participar nas competicións.

Durante a segunda temporada @s tiradores/as que desexen competir deberán adquirir progresivamente o seu material específico de competición.



EQUIPACIÓN OFICIAL DA ESCOLA HUNGARESA:

A equipación oficial do Club pode ser adquirida por calquera tirador/a do Club que así o desexe e será de uso obrigado para tod@s @s tiradores/as que participen en todos os eventos e competicións de ámbito nacional ou internacional en representación da Escola Hungaresa de Esgrima-Pontevedra.
 



ROTURAS OU DESPERFECTOS DO MATERIAL:
 
A rotura ou desperfecto causado no material do Club conleva o abono do mesmo segundo os prezos fixados nos taboleiros de venda de material.