NOTICIAS


LUNS 16/07/12

ÉXITO DA ESCOLA HUNGARESA NO "I TORNEIO DE SABRE ESGRIMA NO PARQUE" CELEBRADO NA LOCALIDADE PORTUGUESA DE ERMESINDE E ORGANIZADO DE XEITO EXCELENTE POLO CLUBE "OS SABRISTAS" DE PORTO.

A PROBA ESTABA ELABORADA EN FORMATO DE POULE ÚNICA MIXTA E ELIMINATORIAS DIRECTAS A CONTINUACIÓN.

7 DOS TIRADORES CLASIFICADOS PARA O TABLÓN DE 8 ERAN DA ESCOLA HUNGARESA.

A FINAL ENFRONTOU A ADRIÁN CUBELA (CEHEPO) E JOSÉ PEDRO (EBAI), CON VICTORIA DO PRIMEIRO POR 15 TOCADOS A 13.

AS MEDALLAS DE BRONCE RECAERON EN DANIEL DE FAVERI (CEHEPO) E TELMO FERNÁNDEZ (CEHEPO).

ÁLEX LASO, ANA BARROS, VÍCTOR REVENGA E NATALIA FERNÁNDEZ COMPLETARON O CADRO DE 8.

OS ORGANIZADORES DO TORNEO OBSEQUIARON AOS TIRADORES DO PODIUM CON MAGNÍFICOS AGASALLOS DE MATERIAL DE ESGRIMA, ENTRE OS QUE HABÍA CARETAS E SABRES F.I.E.



LUNS 25/06/12

O PASADO SÁBADO, COINCIDINDO COA ÚLTIMA LIGA INTERNA DA TEMPORADA, CELEBROUSE A FESTA DE VERÁN DA ESCOLA HUNGARESA, ONDE SOCI@S E FAMILIARES COMPARTIRON UNHA DIVERTIDA XORNADA DE COMIDA E XOGOS.

                                                     


MARTES 19/06/12

A PASADA FIN DE SEMANA TIVO UNHA AMPLA ACTIVIDADE PARA O NOSO CLUBE EN DISTINTOS EVENTOS E LUGARES:

O SÁBADO 16 E O DOMINGO 17 DE XUÑO O GRUPO DE ESGRIMA ANTIGA DA ESCOLA HUNGARESA PARTICIPOU NO "DÍA DE COLÓN" EN COMBARRO, ONDE LEVARON A CABO EXHIBICIÓNS E COMBATES DE ESGRIMA ANTIGA, OBRADOIROS DE INICIACIÓN E NÚMEROS COREOGRÁFICOS DE ESGRIMA ESCÉNICA.

O SÁBADO 16 A MONITORA MARÍA MOLDES, ACOMPAÑADA DA CAMPIONA DE ESPAÑA NATALIA FERNÁNDEZ E DE ÁNGELA DE FAVERI, DESPLAZÁRONSE A LALÍN PARA REALIZAR EXHIBICIÓNS E OBRADOIROS DE INICIACIÓN Á ESGRIMA ONDE PARTICIPARON CASE UN CENTENAR DE RAPACES DE DISTINTAS IDADES NAS INMEDIACIÓNS DO AUDITORIO MUNICIPAL DA LOCALIDADE.


     


LUNS 18/06/12

OS SABRISTAS CHEMA CARRERA (ALEVÍN-2000) E BORIS BUNIMOV (BENXAMÍN-2003) PROCLAMÁRONSE CAMPIÓNS  DO CRITERIUM NACIONAL DE ESGRIMA CELEBRADO O SÁBADO 16 DE XUÑO NA LOCALIDADE MADRILEÑA DE PINTO.

PAULO CASTRO (ALEVÍN-2000), TOMÁS QUIREZA (ALEVÍN 2001) E ALBERTO CAMPELO (BENXAMÍN- 2002) FORON SUBCAMPIÓNS NAS SÚAS RESPECTIVAS CATEGORÍAS.

OS MÁIS CATIVOS DA ESCOLA HUNGARESA PECHAN ASÍ UNHA TEMPORADA REPLETA DE ÉXITOS E EXPERIENCIAS EN COMPETICIÓNS AUTONÓMICAS E NACIONAIS.

   


XOVES 14/06/12

O PASADO VENRES 8 DE XUÑO O EQUIPO DE SABRE FEMININO M-15 E O DIRECTOR TÉCNICO DA ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA FORON RECIBIDOS NO CONCELLO DE PONTEVEDRA POLO ALCALDE MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ LORES E POLO CONCELLEIRO DE DEPORTES AGUSTÍN FERNÁNDEZ, TRALO ÉXITO ACADADO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ESGRIMA M-15, ONDE NATALIA FERNÁNDEZ SE PROCLAMOU CAMPIONA DE ESPAÑA DE SABRE E O EQUIPO FEMININO, COMPOSTO POR ÁNGELA DE FAVERI, ANTONELLA BUNIMOV E NATALIA FERNÁNDEZ, GAÑOU A MEDALLA DE BRONCE.

TANTO O ALCALDE COMA O CONCELLEIRO DE DEPORTES AMOSARON UN GRANDE E HONESTO INTERESE NA ESGRIMA E NAS ACTIVIDADES DO NOSO CLUBE NA COMARCA DE PONTEVEDRA.

A REPRESENTACIÓN DO CLUBE AGASALLOU AO CONCELLO CUN SABRE HÚNGARO GRABADO EN PRATA EN AGRADECEMENTO POLO SEU APOIO CONSTANTE AO NOSO DEPORTE.

  


LUNS 11/06/12

O PASADO SÁBADO CELEBROUSE EN FERROL O CAMPIONATO GALEGO DE ESGRIMA DE CATEGORÍA ABSOLUTA, ONDE NATALIA FERNÁNDEZ E ADRIÁN CUBELA, AMBOS DA ESCOLA HUNGARESA DE PONTEVEDRA, LOGRARON A VICTORIA EN SABRE FEMININO E MASCULINO RESPECTIVAMENTE.

EN SABRE FEMININO ANA BARROS FOI A SUBCAMPIONA.

ÁNGELA DE FAVERI E IRIA MONTERROSO COMPARTIRON A MEDALLA DE BRONCE.

EN SABRE MASCULINO MANU TUDELA "Z" FOI SUBCAMPIÓN E REMATA A TEMPORADA COMA LÍDER DO RANKING GALEGO DE SABRE ABSOLUTO.

A ESCOLA HUNGARESA REMATOU O CAMPIONATO GALEGO DE CATEGORÍA ABSOLUTA COMA PRIMEIRO CLUBE NO CASILLEIRO DE MEDALLAS, CUN TOTAL DE 6: 2 DE OURO, 2 DE PRATA E 2 DE BRONCE.

  


LUNS 04/06/12

¡¡NATALIA FERNÁNDEZ É A NOVA CAMPIONA DE ESPAÑA DE SABRE DE CATEGORÍA M-15!!

¡¡AS SUPERNENAS GAÑAN A MEDALLA DE BRONCE NO CAMPIONATO POR EQUIPOS!!

O PASADO SÁBADO 02 DE XUÑO CELEBROUSE NA LOCALIDADE MADRILEÑA DE MORALZARZAL O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ESGRIMA DE CATEGORÍA M-15, ONDE NATALIA FERNÁNDEZ LOGROU O TAN ANSIADO TÍTULO NACIONAL.

ÁNGELA DE FAVERI REMATOU NUN MAGNÍFICO 12º POSTO, O SEU MELLOR RESULTADO NACIONAL ATA HOXE E EN SABRE MASCULINO CARLOS OLMEDO ACADOU O 20º POSTO.

O EQUIPO DE SABRE FEMININO COMPOSTO POLAS TIRADORAS NATALIA FERNÁNDEZ, ÁNGELA DE FAVERI E ANTONELLA BUNIMOV REMATOU NUN EXCELENTE 3º POSTO, ALZÁNDOSE COA MEDALLA DE BRONCE.

         

 


LUNS 28/05/12

O PASADO SÁBADO 26 DE MAIO CELEBROUSE NO POLIDEPORTIVO DO COLEXIO LOS SAUCES DE PONTEVEDRA O IV CAMPIONATO GALEGO DE SABRE DE CATEGORÍA M-12, ONDE LUIS CASTRO ALZOUSE COA VICTORIA FRONTE A PAULO CASTRO, PROCLAMÁNDOSE CAMPIÓN GALEGO DE SABRE 2012.

BORIS BUNIMOV E CHEMA CARRERA ACADARON AS MEDALLAS DE BRONCE.

Resultados completos do Campionato Galego de Sabre M-12

Resultados do Ranking Galego de Sabre M-12

              



XOVES 24/05/12

O VINDEIRO SÁBADO 26 DE MAIO CELEBRARASE NO POLIDEPORTIVO DO COLEXIO LOS SAUCES DE PONTEVEDRA O IV CAMPIONATO GALEGO DE SABRE DE CATEGORÍA M-12.

O TORNEO DARÁ COMEZO ÁS 10:30H. E CONTARÁ COA PARTICIPACIÓN DE VARIOS CAMPIÓNS DE ESPAÑA E MEDALLISTAS NACIONAIS.



LUNS 14/05/12

@S SABRISTAS DA ESCOLA HUNGARESA ACADAN 11 MEDALLAS NO CAMPIONATO GALEGO DE ESGRIMA DE CATEGORÍAS INFANTIL E JUNIOR CELEBRADO EN VIGO O PASADO SÁBADO.

EN SABRE MASCULINO INFANTIL, LUIS CASTRO PROCLAMOUSE CAMPIÓN GALEGO 2012 FRONTE A CARLOS OLMEDO.

PAULO CASTRO E ÁLEX POMBO COMPARTIRON A MEDALLA DE BRONCE.

    

EN SABRE FEMININO JUNIOR, NATALIA FERNÁNDEZ PROCLAMOUSE CAMPIONA GALEGA 2012 FRONTE A IRIA MONTERROSO.

ÁNGELA DE FAVERI E IRENE ROMERO COMPARTIRON A MEDALLA DE BRONCE.

 


EN SABRE MASCULINO JUNIOR, VÍCTOR REVENGA PROCLAMOUSE CAMPIÓN GALEGO 2012 FRONTE A DANIEL DE FAVERI.

PABLO SUÁREZ E MANUEL TUDELA COMPARTIRON A MEDALLA DE BRONCE.

  


LUNS 07/05/12

O PASADO SÁBADO CELEBROUSE NA LOCALIDADE MADRILEÑA DE POZUELO DE ALARCÓN O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ESGRIMA DE CATEGORÍA CADETE.

A SABRISTA DA ESCOLA HUNGARESA NATALIA FERNÁNDEZ, DE CATEGORÍA INFANTIL, REMATOU NUN EXCELENTE 5º POSTO TRAS PERDER POR UN TOCADO (15-14) NO ASALTO DE FINAL DE 8.                   A SÚA COMPAÑEIRA ANA BARROS REMATOU NA 18ª POSICIÓN TRAS SUPERAR A POULE E CAER ELIMINADA NO ASALTO DE ELIMINACIÓN DIRECTA DE TABLÓN DE 32.



MARTES 17/04/12

OS DÍAS 27, 28 E 29 DE ABRIL CELEBRARASE EN PONTEVEDRA O CURSO OFICIAL DE ÁRBITRO DE ESGRIMA ÁS TRES ARMAS DE CATEGORÍA TERRITORIAL AVALADO POLA FGE.

A ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA É O CLUBE PROMOTOR DESTA INICIATIVA QUE CONTA COA COLABORACIÓN DE ÁRBITROS DOCENTES DO CLUB DE ESGRIMA EL OLIVO DE VIGO E DO CLUB DE ESGRIMA 100TOLOS DE OLEIROS.

INFORMACIÓN CURSO DE ÁRBITRO FGE

FOLLA DE INSCRIPCIÓN


LUNS 16/04/12

O I TROFEO PIRATA BENITO SOTO REMATOU CUN GRANDE ÉXITO DE PARTICIPACIÓN E DE RESULTADOS PARA A ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA, QUE ACADOU 14 DAS 16 POSIBLES MEDALLAS NAS DISTINTAS CATEGORÍAS.

HOUBO AGASALLOS E SORPRESAS NUN AMBIENTE EXCEPCIONAL DURANTE TODA A XORNADA.

CRÓNICA DO I TROFEO PIRATA BENITO SOTO


          

          


LUNS 09/04/12

O VINDEIRO SÁBADO 14 DE ABRIL COMPETIRASE POLO I TROFEO PIRATA BENITO SOTO, PUNTUABLE PARA O RANKING GALEGO DE SABRE 2011/2012 E ORGANIZADO POLA ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA-PONTEVEDRA.

ESTE TORNEO ESTÁ ADICADO Á FIGURA DO PONTEVEDRÉS BENITO SOTO, O ÚLTIMO PIRATA DE OCCIDENTE QUE, AO MANDO DA SÚA NAVE A "BURLA NEGRA", SEMENTOU O TERROR EN AUGAS DO ATLÁNTICO A COMEZOS DO SÉCULO XIX.

INFORMACIÓN I TROFEO PIRATA BENITO SOTO


 


LUNS 26/03/12

A ESCOLA HUNGARESA REALIZOU O PASADO SÁBADO 24 DE MARZO UNHA XORNADA DE INICIACIÓN Á ESGRIMA PARA NEN@S CON DISCAPACIDADE VISUAL NO CENTRO DE RECURSOS EDUCATIVOS "SANTIAGO APÓSTOL" DA ONCE EN PONTEVEDRA.

ESTA XORNADA FORMA PARTE DUN PROXECTO DE INVESTIGACIÓN LEVADO A CABO POR ADRIÁN CUBELA, DIRECTOR TÉCNICO DO CLUB, QUE PRETENDE DESENROLAR UNHA MODALIDADE DE ESGRIMA PARA PERSOAS CEGAS.

30 NEN@S PARTICIPARON NESTA PRIMEIRA XORNADA DE ESGRIMA, ONDE SE VERIFICOU A VIABILIDADE DO PROXECTO.

                 

     

XOVES 22/03/12

A ESCOLA HUNGARESA REALIZOU UNHA XORNADA DE INICIACIÓN Á ESGRIMA NO I.E.S. MESTRE LANDÍN DE MARÍN A TRAVÉS DO "PROGRAMA XOGADE" DA XUNTA DE GALICIA.

CASE 40 RAPACES E RAPAZAS DE 4º DA E.S.O. COÑECERON DE PRIMEIRA MAN OS PRINCIPIOS TÉCNICO-TÁCTICOS DA ESGRIMA IMPLICÁNDOSE DE XEITO MOI ACTIVO E AXUDAD@S TAMÉN POR MIGUEL GONZÁLEZ,PROFESOR DE EDUCACIÓN FÍSICA DO CENTRO.

A ESGRIMA ESPERTOU GRAN INTERESE ENTRE O ALUMNADO E AGARDAMOS PODER VOLTAR O VINDEIRO CURSO.

¡GRAZAS POLA VOSA ACOLLIDA!

       



MÉRCORES 14/03/12

A ESCOLA HUNGARESA REALIZOU UNHA XORNADA DE INICIACIÓN Á ESGRIMA NO C.E.I.P.OTERO NOVAS DE CORTEGADA, EN OURENSE, A TRAVÉS DO "PROGRAMA XOGADE" DA XUNTA DE GALICIA.

32 NEN@S DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA COÑECERON DE PRIMEIRA MAN OS PRINCIPIOS TÉCNICO-TÁCTICOS DA ESGRIMA E ATA @S MESTRES/AS PARTICIPARON ACTIVAMENTE NA ACTIVIDADE.

HAI QUE DESTACAR A EXTRAORDINARIA ACOLLIDA QUE RECIBIMOS POR PARTE D@S MESTRES/AS E ALUMN@S, COS QUE COMPARTIMOS ENSINANZAS MUTUAS E XANTAR NAS INSTALACIÓNS DO COLEXIO.



LUNS 12/03/12

O PASADO SÁBADO 10 DE MARZO CELEBROUSE EN PONTEVEDRA O IV TROFEO MAESTRO IMRE DOBOS ONDE @S SABRISTAS GALEG@S E CATALÁNS AMOSARON UN ALTÍSIMO NIVEL.

O TORNEO REMATOU, POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO, COAS VICTORIAS DE DANIEL DE FAVERI EN SABRE MASCULINO E DE NATALIA FERNÁNDEZ EN SABRE FEMININO.

O SABRE DA GARDA REAL DE HUNGRÍA TERÁ QUE AGARDAR COMO MÍNIMO UN ANO MÁIS PARA TER DON@.

OS SUBCAMPIÓNS DO TORNEO FORON MANUEL TUDELA EN SABRE MASCULINO E ANA BARROS EN SABRE FEMININO.

AS MEDALLAS DE BRONCE RECAERON EN IGNACIO PASTOR E RAMÓN CARNERO EN SABRE MASCULINO, E IRIA MONTERROSO E ANTONELLA BUNIMOV EN SABRE FEMININO.

GRAZAS A TOD@S POLA VOSA PARTICIPACIÓN E COLABORACIÓN NO ÉXITO DESTE TORNEO QUE CONMEMORA CADA ANO A PRESENZA DO NOSO CLUBE EN PONTEVEDRA.



LUNS 05/03/12

O PASADO SÁBADO 3 DE MARZO CELEBROUSE EN CIUDAD REAL O CRITERIUM NACIONAL DE SABRE M-10 / M-12.

PARTICIPARON SETE TIRADORES DA ESCOLA HUNGARESA, DE ENTRE UN TOTAL DE MÁIS DE 150 NEN@S PRESENTES NO TORNEO.

NA CATEGORÍA M-12 LUÍS CASTRO GAÑOU A MEDALLA DE PRATA E O SEU IRMÁN PAULO A MEDALLA DE BRONCE.

CHEMA CARRERA ACADOU A FINAL DE 8 REMATANDO NA 7ª POSICIÓN.

NA CATEGORÍA M-10 ALBERTO CAMPELO LOGROU A MEDALLA DE PRATA E BORIS BUNIMOV ACADOU A FINAL DE 8 REMATANDO NA 6ª PRAZA.

O EQUIPO DE SABRE M-12 LOGROU A MEDALLA DE PRATA E O EQUIPO DE SABRE M-10 A MEDALLA DE BRONCE, NUN TORNEO MARCADO POLA ALTA PARTICIPACIÓN DE EQUIPOS DOS DISTINTOS CLUBES.

 

   

MÉRCORES 29/02/12

O VINDEIRO SÁBADO 10 DE MARZO CELEBRARASE EN PONTEVEDRA O IV TROFEO MAESTRO IMRE DOBOS NO QUE SE DARÁN CITA OS MELLORES SABRES DA ESCOLA HUNGARESA DE PONTEVEDRA E DE BARCELONA.

UN AUTÉNTICO SABRE DA GARDA REAL DE HUNGRÍA SERÁ O CODICIADO PREMIO POLO QUE COMPITAN  @S SABRISTAS DO NOSO CLUB.

O TORNEO DARÁ COMEZO ÁS 16:30h. E AS FINAIS MASCULINA E FEMININA ESTÁN PREVISTAS ÁS 19:30h.



LUNS 20/02/12

A PRIMEIRA XORNADA DE ESGRIMA ANTIGA EN PONTEVEDRA TIVO UNHA EXCELENTE ACOLLIDA, CONTANDO CUN TOTAL DE 9 ALUMNOS QUE SE INCIARON NOS PRINCIPIOS DA ESPADA ROPEIRA E DA ESPADA DE MAN E MEDIA, IMPARTIDAS POR JORDI ACUÑA.

DESTE XEITO A ESCOLA HUNGARESA CONTINÚA AMPLIANDO A SÚA OFERTA DE ACTIVIDADES TRALA INTRODUCCIÓN DA ESGRIMA ADAPTADA E DA MINIESGRIMA.

 


VENRES 03/02/12

REPORTAXE PUBLICADA NO SUPLEMENTO "CAMPEONES" DO FARO DE VIGO SOBRE AS COMPOÑENTES DA SELECCIÓN GALEGA DE SABRE (NATALIA FERNÁNDEZ, ANTONELLA BUNIMOV E ÁNGELA DE FAVERI, MÁIS COÑECIDAS COMO "AS SUPERNENAS") E A SÚA RECENTE MEDALLA DE BRONCE NO CAMPIONATO DE ESPAÑA ESCOLAR.



LUNS 23/01/12

NATALIA FERNÁNDEZ LOGROU A MEDALLA DE BRONCE NO 2º TORNEO NACIONAL DE RANKING DE SABRE M-15 CELEBRADO EN CIUDAD REAL O PASADO SÁBADO.

ANTONELLA BUNIMOV E ÁNGELA DE FAVERI COMPLETARON UNHA EXCELENTE ACTUACIÓN EN SABRE FEMININO ACADANDO O 9º E O 14º POSTO RESPECTIVAMENTE.

EN SABRE MASCULINO, ÁLEX POMBO, CARLOS OLMEDO E JAVI CAMPELO REMATARON NO 46º, 49º E 51º POSTO RESPECTIVAMENTE.

A SELECCIÓN GALEGA DE SABRE FEMININO, COMPOSTA POR NATALIA FERNÁNDEZ, ANTONELLA BUNIMOV E ÁNGELA DE FAVERI OBTIVO A MEDALLA DE BRONCE NO CAMPIONATO DE ESPAÑA ESCOLAR POR EQUIPOS CELEBRADO A CONTINUACIÓN DO TNR DE SABRE M-15.




VENRES 13/01/12

DENDE ESTE MES A ESCOLA HUNGARESA DE PONTEVEDRA CONTA CON TRES NOVAS MODALIDADES:
· MINIESGRIMA (PARA NEN@S DE 4 A 7 ANOS)

· ESGRIMA ADAPTADA (CADEIRA DE RODAS)
· ESGRIMA ANTIGA (ESPADA ROPEIRA, MAN E MEDIA)
                 


VENRES 23/12/11

A ESCOLA HUNGARESA PARTICIPA POR 4º ANO CONSECUTIVO NA FESTA HQR! 2011, ORGANIZADA POLO DIARIO DE PONTEVEDRA, OS DÍAS 27, 28 E 29 DE DECEMBRO NO C.G.T.D. DE PONTEVEDRA.

ORGANIZAREMOS UN TORNEO DE EXHIBICIÓN DE DISTINTAS CATEGORÍAS E CONTAREMOS CUN OBRADOIRO DE INICIACIÓN ONDE NENOS E ADULTOS PODERÁN ADENTRARSE NOS PRINCIPIOS DA ESGRIMA EUROPEA.

HORARIOS DA ESGRIMA NA FESTA HQR! 2011



XOVES 22/12/11

DESDE A ESCOLA HUNGARESA DESEXÁMOSVOS UNHAS BOAS FESTAS DE NADAL E UN BÓ COMEZO DE ANO NA COMPAÑA DOS VOSOS SERES QUERIDOS.

AGARDAMOS QUE O ANO 2012 VEÑA CARGADO DE ILUSIÓN, NOVOS RETOS E GRANDES METAS POR CONQUISTAR.

       


LUNS 19/12/11

O  POLIDEPORTIVO DO COLEXIO LOS SAUCES DE PONTEVEDRA ACOLLEU A PASADA FIN DE SEMANA O I TORNEO DE RANKING GALEGO DE SABRE 2011-2012.

OS TIRADORES DA ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA ACADARON 16 DAS 19 MEDALLAS EN XOGO EN TODAS AS CATEGORÍAS.

RESULTADOS DO I TORNEO DE RANKING GALEGO DE SABRE

SABRE MASCULINO ABSOLUTO                  SABRE FEMININO ABSOLUTO

SABRE MASCULINO M-15                                SABRE MIXTO M-12


                        

            


MÉRCORES 30/11/11

O I TORNEO DE RANKING GALEGO DE SABRE 2011-2012 CELEBRARASE NO COLEXIO "LOS SAUCES" DE PONTEVEDRA O SÁBADO 17 E DOMINGO 18 DE DECEMBRO DE 2011.
A INFORMACIÓN COMPLETA DE CATEGORÍAS, HORARIOS, INSCRIPCIÓNS E ALOXAMENTO ESTÁ DISPOÑIBLE NO SEGUINTE DOCUMENTO PDF.


MARTES 29/11/11

OS TIRADORES DA ESCOLA HUNGARESA COPARON O PODIUM NA MODALIDADE DE SABRE M-12 NO TORNEO NADAL CELEBRADO O PASADO SÁBADO NA CORUÑA E ORGANIZADO POLO CLUB DE ESGRIMA 100TOLOS DE OLEIROS.
LUIS CASTRO FOI O VENCEDOR FRONTE AO SEU IRMÁN PAULO POR 10 TOCADOS A 6.
AS MEDALLAS DE BRONCE RECAERON EN TOMÁS QUIREZA E CHEMA CARRERA.

                        


  


LUNS 28/11/11

NATALIA FERNÁNDEZ OBTIVO A MEDALLA DE BRONCE NO TORNEO NACIONAL DE RANKING DE SABRE M-15 CELEBRADO NO CNE DE MADRID O PASADO SÁBADO.
ANTONELLA BUNIMOV, ÁNGELA DE FAVERI E CARLOS OLMEDO COMPLETARON UNHA EXCELENTE ACTUACIÓN D@S NOS@S SABRISTAS REMATANDO NA 6ª, 14ª E 16ª POSICIÓN RESPECTIVAMENTE.

           


SÁBADO 05/11/11

A SALA DA ESCOLA HUNGARESA ESTREA NOVA ILUMINACIÓN TRALA REFORMA EFECTUADA ESTA SEMANA.
A INSTALACIÓN DISPÓN AGORA DE CATRO VECES MÁIS LUMINOSIDADE REDUCINDO O CONSUMO ELÉCTRICO Á METADE.

   


MARTES 18/10/11

A MAREA AZUL DA ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA DESEMBARCOU NO CNE DE MADRID A PASADA FIN DE SEMANA CON 10 SABRISTAS QUE PARTICIPARON NO 1º TORNEO NACIONAL DE RANKING CADETE E JUNIOR DA TEMPORADA 2011-2012, DESTACANDO O  9º E O 16º POSTO ACADADOS POR NATALIA FERNÁNDEZ EN SABRE FEMININO M-17 E M-20 RESPECTIVAMENTE, ASÍ COMA O 20º POSTO DE ANA BARROS EN SABRE FEMININO M-17 E O 21º DE VÍCTOR REVENGA EN SABRE MASCULINO M-17.

  

LUNS 29/08/11

A PARTIRES DO LUNS 5 DE SETEMBRO ENTRA EN FUNCIONAMENTO O HORARIO DE INVERNO DA ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA - PONTEVEDRA.