TEMPORADA 2010-2011


VENRES 01/07/11

A PARTIRES DO VINDEIRO MARTES 5 DE XULLO ENTRA EN FUNCIONAMENTO O HORARIO DE VERÁN DA ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA - PONTEVEDRA.    

O horario de verán estará en vigor desde o Martes 5 de Xullo ata o Mércores 31 de Agosto.             

A sala permanecerá pechada por vacacións desde o 15 de Xullo ata o 15 de Agosto.


HORARIO DE VERÁN


TURNO
CATEGORÍA LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
 MAÑÁN
 M-12

10:30h-11:30h

 10:30h-11:30h
 MAÑÁNM-15 / M-17
Absoluta

  11:30h-12:30h
   11:30h-12:30h 



LUNS 27/06/11

O PASADO DOMINGO 26 DE XUÑO CELEBROUSE EN FERROL O CAMPIONATO GALEGO DE ESGRIMA ÁS 3 ARMAS DE CATEGORÍA ABSOLUTA.

EN SABRE MASCULINO, ADRIÁN CUBELA, DA ESCOLA HUNGARESA, PROCLAMOUSE CAMPIÓN GALEGO ABSOLUTO FRONTE A MANEL VILLADÓNIGA, DO CLUB DE ESGRIMA 100TOLOS, POR 15 TOCADOS A 11.

COMPARTIRON O 3º POSTO MANUEL TUDELA E RUBÉN CANOSA, QUE COMPLETAN ASÍ UNHA EXCELENTE TEMPORADA.

EN SABRE FEMININO, NATALIA FERNÁNDEZ É A NOVA CAMPIONA GALEGA ABSOLUTA (CEHEPO) FRONTE Á SÚA COMPAÑEIRA IRIA MONTERROSO, SUBCAMPIONA GALEGA ABSOLUTA.

ANA BARROS ACADOU A MEDALLA DE BRONCE.

     



LUNS 20/06/11

ALBERTO CAMPELO ALZOUSE CO TÍTULO DE CAMPIÓN DO CRITERIUM NACIONAL DE SABRE M-10 (2002) O PASADO SÁBADO 18 DE XUÑO NA LOCALIDADE MADRILEÑA DE PINTO.

TOMÁS QUIREZA FOI FINALISTA DE SABRE M-10 (2001) TRAS ACABAR AS POULES EN 1ª POSICIÓN CON SÓ 3 TOCADOS EN CONTRA.

ÁLEX POMBO (1999) E PAULO CASTRO (2000) FORON FINALISTAS DE SABRE M-12 E AMBOS PERDERON NA FINAL CON IDÉNTICO RESULTADO (10-9).

OS SABRISTAS DE CATEGORÍA M-12 JAVI CAMPELO (1999), LUIS CASTRO (2000) E CHEMA CARRERA (2000) REMATARON EN 9ª, 12ª E 18ª POSICIÓN RESPECTIVAMENTE.

OS SABRISTAS DE CATEGORÍA M-10 EMILIO CABO E PABLO GONZÁLEZ REMATARON EN 23ª E 25ª POSICIÓN RESPECTIVAMENTE.

¡FELICIDADES A TODOS POLOS MAGNÍFICOS RESULTADOS LOGRADOS!


      

   

          


LUNS 13/06/11

O PASADO SÁBADO 11 DE XUÑO CELEBROUSE EN VIGO O CAMPIONATO GALEGO DE ESGRIMA DE CATEGORÍA M-15 E M-20.

EN SABRE MASCULINO M-15, VÍCTOR REVENGA (CEHEPO) PROCLAMOUSE CAMPIÓN GALEGO DA CATEGORÍA FRONTE AO SEU COMPAÑEIRO IGNACIO PASTOR.

COMPARTIRON O 3º POSTO CARLOS OLMEDO E IGNACIO GRANDES, AMBOS TAMÉN DA ESCOLA HUNGARESA.

EN SABRE FEMININO M-15, A VICTORIA FOI PARA ANTONELLA BUNIMOV (CEHEPO) FRONTE Á SÚA COMPAÑEIRA NATALIA FERNÁNDEZ.

O 3º POSTO EX-AEQUO FOI PARA IRIA MONTERROSO E ÁNGELA DE FAVERI (CEHEPO).

EN SABRE MASCULINO M-20, O CAMPIÓN FOI MANUEL TUDELA (CEHEPO) FRONTE AO SEU COMPAÑEIRO RUBÉN CANOSA.

O 3º POSTO RECAEU EN CARLOS OLMEDO E IGNACIO GRANDES.

EN SABRE FEMININO M-20, ANTONELLA BUNIMOV REPETIU A VICTORIA DA CATEGORÍA M-15 FRONTE Á MESMA RIVAL, NATALIA FERNÁNDEZ, ESTA VEZ POR UN AXUSTADO 15-14.

COMPARTIRON O 3º POSTO ANA BARROS E IRIA MONTERROSO.

            


            


LUNS 06/06/11

MANUEL TUDELA E NATALIA FERNÁNDEZ SON OS NOVOS VENCEDORES DA "POULE DO QUEIXO 2011".

DURANTE AS NOVE CITAS DAS QUE CONSTOU A PRESENTE EDICIÓN ELES FORON OS MÁIS REGULARES NAS SÚAS RESPECTIVAS CATEGORÍAS.

NO SABRE MASCULINO O "QUEIXO DE PRATA" CAEU EN MANS DE JORGE OLMEDO E O "QUEIXO DE BRONCE" NAS DO SEU IRMÁN CARLOS.

NO SABRE FEMININO O "QUEIXO DE PRATA" FOI PARA ANA BARROS E O "QUEIXO DE BRONCE" PARA IRIA MONTERROSO.

EN M-12 O VENCEDOR DA "POULE DO TOBLERONE" FOI PAULO CASTRO, POR UNHA ESTREITA MARXE DE 3 PUNTOS RESPECTO AO SEU IRMÁN LUIS CASTRO. TODO SE DECIDIU NUN EMOCIONANTE ASALTO NA ÚLTIMA POULE DO MES DE XUÑO, ONDE PAULO GAÑOU A LUIS POR 10 TOCADOS A 8. O 3º POSTO RECAEU EN ÁLEX POMBO.

      


LUNS 30/05/11

O PASADO DOMINGO 29 DE MAIO CELEBROUSE NO COLEXIO SEK-ATLÁNTICO DE PONTEVEDRA O CAMPIONATO GALEGO DE SABRE M-12.

LUIS CASTRO, DA ESCOLA HUNGARESA DE PONTEVEDRA, SE PROCLAMOU CAMPIÓN GALEGO DE SABRE M-12 FRONTE AO SEU COMPAÑEIRO DE CLUBE ÁLEX POMBO, ACTUAL CAMPIÓN DE ESPAÑA.

CON ESTA VICTORIA LUIS CASTRO REMATA A TEMPORADA COMA Nº 1 DO RANKING GALEGO DE SABRE M-12.

JAVI CAMPELO E PAULO CASTRO, AMBOS DA ESCOLA HUNGARESA, COMPARTIRON O 3º POSTO EX-AEQUO.


            



LUNS 07/03/11

DANI DE FAVERI E NATALIA FERNÁNDEZ PROCLAMÁRONSE VENCEDORES DO III TROFEO MAESTRO IMRE DOBOS.

MANUEL TUDELA E ANA BARROS FORON SUB-CAMPIÓNS.

VÍCTOR REVENGA E CARLOS OLMEDO REMATARON NA 3ª PRAZA EN SABRE MASCULINO.

MARÍA MOLDES E IRIA MONTERROSO REMATARON NA 3ª PRAZA EN SABRE FEMININO.

NO 2º TORNEO DE RANKING GALEGO DE SABRE M-12 JAVI CAMPELO, DA ESCOLA HUNGARESA DE PONTEVEDRA, IMPÚXOSE A ROGER PIQUÉ, DA ESCOLA HONGARESA DE BARCELONA.

OS IRMÁNS PAULO E LUIS CASTRO COMPARTIRON A 3ª PRAZA EX-AEQUO.

              


LUNS 28/02/11

O VINDEIRO SÁBADO 5 DE MARZO CELÉBRASE EN PONTEVEDRA A IIIª EDICIÓN DO TROFEO MAESTRO IMRE DOBOS.

TRÁTASE DUN TORNEO DE CARÁCTER AMISTOSO QUE LEVA O NOME DO MESTRE FUNDADOR DA ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA.

É UNHA PROBA DESTINADA EXCLUSIVAMENTE A TIRADORES/AS DAS DISTINTAS SALAS DA ESCOLA HUNGARESA E PRETENDE ATRAER AO PÚBLICO AFEIZOADO DE TODA GALICIA.

COINCIDINDO CON ESTE TROFEO, A ESCOLA HUNGARESA ORGANIZA O 2º RANKING GALEGO DE SABRE MIXTO INFANTIL.

XA TEDES DISPOÑIBLE TODA A INFORMACIÓN DO EVENTO.

 


LUNS 28/02/11

O PASADO 26 DE FEBREIRO CELEBROUSE O CAMPIONATO DE ESPAÑA M-17 EN POZUELO DE ALARCÓN.

EN SABRE MASCULINO, DANIEL DE FAVERI ACADOU O 11º POSTO E JORGE OLMEDO O 24º.

EN SABRE FEMININO, ANA BARROS REMATOU EN 16ª POSICIÓN E NATALIA FERNÁNDEZ EN 18ª.

 


LUNS 31/01/11

TRAS DESPUTAR A FASE CLASIFICATORIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE DE SABRE O PASADO 29 DE XANEIRO EN DONOSTIA, DOUS TIRADORES E TRES TIRADORAS DA ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA SE CLASIFICAN PARA A FINAL QUE SE CELEBRARÁ O VINDEIRO 26 DE FEBREIRO EN POZUELO DE ALARCÓN (MADRID).
@S TIRADORES/AS CLASIFICAD@S SON:
ANA BARROS (10ª), ANTONELLA BUNIMOV (17ª), NATALIA FERNÁNDEZ (21ª), DANIEL DE FAVERI (21º) E JORGE OLMEDO (24º).

 

 

LUNS 10/01/2011

O COLEXIO SEK-ATLÁNTICO DE PONTEVEDRA FOI A PASADA FIN DE SEMANA O ESCENARIO DO I TORNEO MASTER, PUNTUABLE PARA O RANKING GALEGO DE SABRE EN TODAS AS CATEGORÍAS.

O CLUB ESCOLA HUNGARESA ALZOUSE CON 4 MEDALLAS DE OURO, 4 DE PRATA E 7 DE BRONCE.

@S TIRADORES/AS DO CLUB IMPUXÉRONSE EN SABRE MIXTO M-12, SABRE MASCULINO M-15, SABRE FEMININO ABSOLUTO E SABRE MIXTO POR EQUIPOS.

   

Ler información completa

Clasificación Sabre Masculino Absoluto

Clasificación Sabre Feminino Absoluto

Clasificación Sabre Masculino M-15

Clasificación Sabre Mixto M-12


VENRES 07/01/2011

A VINDEIRA FIN DE SEMANA DESPUTARASE O I TORNEO MASTER, PUNTUABLE PARA O RANKING GALEGO DE SABRE DA TEMPORADA 2010/2011.

OS MELLORES SABRES DE GALICIA E PORTUGAL DARANSE CITA NO COLEXIO SEK-ATLÁNTICO DE PONTEVEDRA.

O SÁBADO 15 DE XANEIRO TERÁN LUGAR, DESDE AS 16:30h, AS PROBAS PARA AS CATEGORÍAS M-12 E M-15.

O DOMINGO 16 DE XANEIRO, ÁS 10:30h, DARÁ COMEZO O SABRE MASCULINO ABSOLUTO, E ÁS 11:30h. O SABRE FEMININO ABSOLUTO.

EN CANTO REMATE A PROBA INDIVIDUAL COMEZARÁ A PROBA POR EQUIPOS.

LUNS 15/11/2010

O COLEXIO SEK-ATLÁNTICO DE PONTEVEDRA FOI A PASADA FIN DE SEMANA O ESCENARIO DO I TORNEO HELENES, PUNTUABLE PARA O RANKING GALEGO DE SABRE EN TODAS AS CATEGORÍAS.

O CLUB ESCOLA HUNGARESA ALZOUSE CON 3 MEDALLAS DE OURO, 5 DE PRATA E 7 DE BRONCE

@S TIRADORES/AS DO CLUB IMPUXÉRONSE NO SABRE FEMININO M-15 E NAS DÚAS PROBAS POR EQUIPOS (M-15 E ABSOLUTA).

          


Ler información completa

 Clasificación Sabre Masculino Absoluto     Clasificación Sabre Feminino Absoluto

 Clasificación Sabre Masculino M-15          Clasificación Sabre Feminino M-15

 Clasificación Sabre Equipos M-15             Clasificación Sabre Equipos Absoluto


DESDE O CLUB QUEREMOS AGRADECER A PARTICIPACIÓN DE TOD@S @S TIRADORES/AS E CLUBES IMPLICADOS E A COLABORACIÓN PRESTADA POLAS DISTINTAS ENTIDADES (IMD PONTEVEDRA, DIARIO DE PONTEVEDRA, COLEGIO SEK-ATLÁNTICO, FEDERACIÓN GALEGA DE ESGRIMA, DISCOTECAS MÓVILES MASTER, CLÍNICA DEL MASAJE) QUE CONTRIBUÍRON AO ÉXITO DA PROBA.

¡GRAZAS A TOD@S!


LUNS 06/09/2010

BAIXO O LEMA "DÁ UN PASO MÁIS, ¡DESCUBRE A ESGRIMA!" A ESCOLA HUNGARESA INICIA UNHA NOVA CAMPAÑA DE CAPTACIÓN DE SOCI@S PARA A PRESENTE TEMPORADA 2010-2011.

O NOVO DESEÑO DA CAMPAÑA, REALIZADO POR RAMÓN CARNERO, INCLÚE A ELABORACIÓN E DIFUSIÓN DE CARTEIS POR TODA A CIDADE DE PONTEVEDRA E A CONFECCIÓN DE CAMISETAS DISPOÑIBLES Á VENDA CONTACTANDO COA ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA.


 


DOMINGO 05/09/10

A PARTIRES DO LUNS 6 DE SETEMBRO ENTRA EN FUNCIONAMENTO O HORARIO DE INVERNO DA ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA - PONTEVEDRA.

 HORARIO DE INVERNO

TURNO
CATEGORÍA
LUNSMARTES
MÉRCORESXOVESVENRES
 TARDEM-12
(Infantil)

 
18h-19h 
 18h-19h
18h-19h
18h-19h
 TARDEM-15 / M-17
(Xuvenil)

19h-20h
19h-20h
19h-20h
19h-20h
19h-21h
 TARDE Absoluta
(Adultos)
20:30h-21:30h
20:30h-21:30h
20:30h-21:30h
20:30h-21:30h
19h-21h




Número de visitas