MARTES 22/06/10

A PARTIRES DO VINDEIRO LUNS 28 DE XUÑO ENTRA EN FUNCIONAMENTO O HORARIO DE VERÁN DA ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA - PONTEVEDRA.    

O horario de verán estará en vigor desde o Luns 28 de Xuño até o Martes 31 de Agosto.

HORARIO DE VERÁN


TURNO
CATEGORÍA LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
 MAÑÁN
 M-12

10:30h-11:30h

 10:30h-11:30h
 MAÑÁNM-15 / M-17
Absoluta

  11:30h-12:30h
   11:30h-12:30h 


LUNS 21/06/10

O PASADO SÁBADO 19 DE XUÑO CELEBROUSE EN FERROL O CAMPIONATO GALEGO DE SABRE ABSOLUTO.

NA PROBA DE SABRE MASCULINO ABSOLUTO O TIRADOR DA ESCOLA HUNGARESA DANI DE FAVERI SE PROCLAMOU CAMPIÓN GALEGO DE SABRE 2010, VENCENDO A MANEL VILLADÓNIGA, DO CLUB DE ESGRIMA CORUÑA POR 15 TOCADOS A 9.

POLA SÚA PARTE, ÁLEX LASO E MANU REY, DA ESCOLA HUNGARESA ACADARON A MEDALLA DE BRONCE CO 3º POSTO EX-AEQUO.

NA PROBA DE SABRE FEMININO ABSOLUTO A TIRADORA DA ESCOLA HUNGARESA MARÍA GARCÍA SE PROCLAMOU CAMPIONA GALEGA DE SABRE 2010 IMPOÑÉNDOSE Á SÚA COMPAÑEIRA DE CLUBE ANA BARROS NA FINAL POR UN AXUSTADO 15-14.

     



MARTES 15/06/10

O PASADO SÁBADO 12 DE XUÑO CELEBROUSE NA LOCALIDADE MADRILEÑA DE PINTO O CRITERIUM NACIONAL DE ESGRIMA 2010 PARA AS CATEGORÍAS M-10 E M-12.

MÁIS DE 80 TIRADORES E 40 TIRADORAS DE TODA ESPAÑA PARTICIPARON NA PROBA DE SABRE M-12.

A ESCOLA HUNGARESA PARTICIPOU NESTA PROBA CON CATRO TIRADORES.

ÁLEX POMBO SE PROCLAMOU CAMPIÓN DE ESPAÑA DE SABRE M-12 (1999) TRAS PROTAGONIZAR UNHA EXCELENTE COMPETICIÓN, QUE REMATOU VENCENDO O ASALTO DA FINAL POR 10 TOCADOS A 8.

O SEU COMPAÑEIRO DE CLUBE CARLOS OLMEDO REMATOU A PROBA COMA FINALISTA DE SABRE M-12 (1998), ENTRE OS OITO MELLORES TIRADORES, TRAS CAER NO CORRESPONDENTE ASALTO DE FINAL.

POLA SÚA PARTE, ÁNGELA DE FAVERI E JAVI CAMPELO REMATARON ENRIBA DA METADE DA TÁBOA (18ª E 32ª POSICIÓN RESPECTIVAMENTE) TRAS NON PODER SUPERAR A PRIMEIRA ROLDA DE POULES.

TODOS SON EXCELENTES RESULTADOS TENDO EN CONTA A ALTÍSIMA PARTICIPACIÓN REXISTRADA NAS PROBAS.

¡FELICIDADES AOS 4 FANTÁSTICOS!

  

        


LUNS 31/05/10

O PASADO SÁBADO 29 DE MAIO CELEBROUSE NO COLEXIO SEK-ATLÁNTICO DE PONTEVEDRA O CAMPIONATO GALEGO DE SABRE MIXTO NA CATEGORÍA M-12.

CARLOS OLMEDO, DA ESCOLA HUNGARESA DE PONTEVEDRA, SE PROCLAMOU CAMPIÓN GALEGO DE SABRE 2010 NA CATEGORÍA M-12 FRONTE Á SÚA COMPAÑEIRA DE CLUBE ÁNGELA DE FAVERI, SUB-CAMPIONA GALEGA.

CON ESTA VICTORIA CARLOS OLMEDO REMATA A TEMPORADA COMA Nº 1 DO RANKING GALEGO DE SABRE M-12.

DAVID FERNÁNDEZ, DA XUNQUEIRA I, E ÁLEX POMBO, DA ESCOLA HUNGARESA, COMPARTIRON O 3º POSTO EX-AEQUO.

      


LUNS 24/05/10

O PASADO SÁBADO 22 DE MAIO CELEBROUSE EN VIGO O CAMPIONATO GALEGO DE ESGRIMA NA CATEGORÍA JUNIOR.

EN SABRE MASCULINO A ESCOLA HUNGARESA DE PONTEVEDRA COPOU TODOS OS POSTOS DO PODIO, PROCLAMÁNDOSE MANU REY COMA  CAMPIÓN GALEGO DE SABRE JUNIOR 2010.

 O 2º POSTO FOI PARA MANU TUDELA. DANI DE FAVERI E PABLO SUÁREZ COMPARTIRON O 3º POSTO EX-AEQUO.

EN SABRE FEMININO A CAMPIONA GALEGA DE SABRE JUNIOR 2010 FOI ANA BARROS, DA ESCOLA HUNGARESA DE PONTEVEDRA.

O 2º POSTO FOI PARA SONIA LARRAÑAGA, DO CLUB DE ESGRIMA CORUÑA. IRENE ROMERO, DO CLUB DE ESGRIMA EL OLIVO DE VIGO, E NATALIA FERNÁNDEZ, DA ESCOLA HUNGARESA DE PONTEVEDRA, COMPARTIRON O 3º POSTO EX-AEQUO.

           


                         


MARTES 18/05/10

O EQUIPO DE SABRE FEMININO M-15, FORMADO POLAS TIRADORAS IRIA MONTERROSO, ANA BARROS E NATALIA FERNÁNDEZ ACADA A MEDALLA DE BRONCE NO CAMPIONATO DE ESPAÑA 2010 CELEBRADO NA LOCALIDADE MADRILEÑA DE LAS ROZAS O PASADO 15 DE MAIO.

NA PROBA DE SABRE FEMININO INDIVIDUAL NATALIA FERNÁNDEZ ACADOU A 5º POSTO. AS SÚAS COMPAÑEIRAS IRIA MONTERROSO E ANA BARROS QUEDARON EN 14ª E 22ª POSICIÓN RESPECTIVAMENTE.

MANU REY REMATOU A PROBA DE SABRE MASCULINO INDIVIDUAL NA 22ª POSICIÓN TRAS NON SUPERAR A POULE INICIAL.

     


LUNS 03/05/10

MANU REY ACADA ACADA A FINAL DE 8 NA FASE NACIONAL DE SABRE MASCULINO M-15 CELEBRADA O 1 DE MAIO EN CIUDAD REAL.

IRIA MONTERROSO, ANA BARROS E NATALIA FERNÁNDEZ ACABARON A PROBA DE SABRE FEMININO NOS POSTOS 20º, 21º E 22º RESPECTIVAMENTE.

NA PROBA POR EQUIPOS AS NOSAS TIRADORAS ACABARON NA 4ª PRAZA. DESE XEITO CONSIGUEN A CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL E POR EQUIPOS PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA M-15 QUE SE CELEBRARÁ EN LAS ROZAS O 15 DE MAIO.

   



LUNS 08/03/10

O HUNGARÉS GERGELY KAJTÁR E A PONTEVEDRESA ANA BARROS FORON OS VENCEDORES DA IIª EDICIÓN DO TROFEO MAESTRO IMRE DOBOS CELEBRADO EN PONTEVEDRA O SÁBADO 6 DE MARZO.

NA 2ª PROBA DE RANKING GALEGO DE SABRE MIXTO INFANTIL CELEBRADA O MESMO SÁBADO POLA MAÑÁN A VENCEDORA FOI ÁNGELA DE FAVERI FRONTE A CARLOS OLMEDO. OS BRONCES FORON PARA ÁLEX POMBO E LUIS CASTRO.

O TORNEO CONTOU COA PRESENCIA DO MESTRE HUNGARÉS IMRE DOBOS, QUE FIXO ENTREGA DOS TROFEOS E MEDALLAS DURANTE A XORNADA.

Clasificación Sabre Feminino                       Tablón de 16 Sabre Feminino

Clasificación Sabre Masculino                      Tablón de 16 Sabre Masculino

Clasificación Sabre Mixto Infantil                  Tablón de 32 Sabre Mixto Infantil


        


             


LUNS 01/03/10

O VINDEIRO SÁBADO 6 DE MARZO CELÉBRASE EN PONTEVEDRA A IIª EDICIÓN DO TROFEO MAESTRO IMRE DOBOS.

TRÁTASE DUN TORNEO DE EXHIBICIÓN DE CARÁCTER AMISTOSO QUE LEVA O NOME DO MESTRE FUNDADOR DA ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA.

É UNHA PROBA DESTINADA EXCLUSIVAMENTE A TIRADORES/AS DAS DISTINTAS SALAS DA ESCOLA HUNGARESA E PRETENDE ATRAER AO PÚBLICO AFEIZOADO DE TODA GALICIA.

COINCIDINDO CON ESTE TROFEO, A ESCOLA HUNGARESA ORGANIZA O 2º RANKING GALEGO DE SABRE MIXTO INFANTIL.

XA TEDES DISPOÑIBLE TODA A INFORMACIÓN DO EVENTO.

NA PRESENTE EDICIÓN ASISTIRÁ O PROPIO MESTRE HUNGARÉS IMRE DOBOS, QUE FARÁ ENTREGA DOS TROFEOS AOS TIRADORES PARTICIPANTES.



VENRES 26/02/10

ÁLEX LASO, TIRADOR DA ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA, ACADOU O SUBCAMPIONATO DE ESPAÑA/MEDALLA DE PRATA NA PROBA DE SABRE INDIVIDUAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ESGRIMA INTER-EJÉRCITOS CELEBRADA ESTA SEMANA EN LEÓN.

TAMÉN ACADOU A MEDALLA DE OURO COMA MELLOR SABRISTA DO EXÉRCITO DE TERRA.

¡PARABÉNS POR PARTIDA DOBRE, ÁLEX!


MÉRCORES 10/02/10

REPORTAXE ADICADA Á ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA NO SUPLEMENTO ESPECIAL DE DEPORTES CAMPEONES EDITADO POR FARO DE VIGO TODOS OS MÉRCORES.



MARTES 09/02/10

CRÓNICA DA FASE NACIONAL CADETE DE SABRE CELEBRADA EN DONOSTIA O PASADO 6 DE FEBREIRO E PUBLICADA NO DIARIO DE PONTEVEDRA DO MARTES 9 DE FEBREIRO.



LUNS 08/02/10

TRAS DESPUTAR A FASE CLASIFICATORIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE DE SABRE O PASADO 6 DE FEBREIRO EN DONOSTIA, TRES TIRADORES DA ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA, JOAN GARCÍA (BARCELONA), DANIEL DE FAVERI E MANU REY (PONTEVEDRA), SE CLASIFICAN PARA A FINAL QUE SE CELEBRARÁ O VINDEIRO 20 DE MARZO EN POZUELO DE ALARCÓN (MADRID).



MÉRCORES 23/12/09

POÑEMOS Á VOSA DISPOSICIÓN O HORARIO DE NADAL DO CLUB.


LEMBRADE QUE, DURANTE AS FESTAS, O GRUPO DE MAÑÁN ESTARÁ ADICADO EXCLUSIVAMENTE Á PREPARACIÓN FÍSICA E O GRUPO DE TARDE ÁS ACTIVIDADES ESPECÍFICAS DE ESGRIMA.

RETOMAREMOS O NOSO HORARIO HABITUAL A PARTIRES DO LUNS 11 DE XANEIRO DE 2010.

¡FELICES FESTAS A TOD@S!



MARTES 15/12/09

7 DOS 8 POSTOS DE PODIUM DA 2ª PROBA DE RANKING GALEGO DE SABRE EN CATEGORÍA ABSOLUTA RECAERON SOBRE TIRADORES E TIRADORAS DA ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA DE PONTEVEDRA E BARCELONA.

PLENO NA PROBA DE SABRE MASCULINO E 2º E 3º POSTO NO SABRE FEMININO.

NA CATEGORÍA M-12 MIXTA OS TIRADORES JAVI CAMPELO E CARLOS OLMEDO DESPUTARON UNHA EMOCIONANTE FINAL QUE REMATOU CON VICTORIA DE CAMPELO POR 10 TOCADOS A 9.

AS MEDALLAS DE BRONCE RECAERON SOBRE OS TIRADORES FIZ GONZÁLEZ E ÁLEX POMBO.

    


Clasificación Sabre Masculino Absoluto

Clasificación Sabre Feminino Absoluto

Clasificación Sabre Mixto M-12


XOVES 03/12/09

A ESGRIMA GALEGA DESEMBARCA NO COLEXIO SEK-ATLÁNTICO DE PONTEVEDRA PARA A CELEBRACIÓN DA 2ª PROBA DO RANKING GALEGO DE SABRE 09/10 O VINDEIRO 12 E 13 DE DECEMBRO.

Información completa

Cómo chegar

     


LUNS 16/11/09

A ESCOLA HUNGARESA XA DISPÓN DE GRUPO NA REDE SOCIAL

ATOPARÁS INFORMACIÓN SOBRE O CLUB, ENLACES, VÍDEOS, FOTOS E TODOS OS EVENTOS QUE ORGANIZA A ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA.


LUNS 09/11/09

ÉXITO DA ESCOLA HUNGARESA NA Iª PROBA DE RANKING GALEGO DE SABRE ABSOLUTO DA TEMPADA 2009/2010 CELEBRADA EN PONTEVEDRA O PASADO DOMINGO.

@S TIRADORES/AS DO CLUB IMPUXÉRONSE NO SABRE MASCULINO E FEMININO INDIVIDUAL E NA PROBA MIXTA POR EQUIPOS.

   

Clasificación Sabre Masculino Individual

Clasificación Sabre Feminino Individual

Clasificación Sabre Mixto por Equipos


DESDE O CLUB QUEREMOS AGRADECER A PARTICIPACIÓN DE TOD@S @S TIRADORES/AS E CLUBES IMPLICADOS E A COLABORACIÓN PRESTADA POR ENTIDADES (IMD PONTEVEDRA, DIARIO DE PONTEVEDRA, COLEGIO SEK-ATLÁNTICO, FEDERACIÓN GALEGA DE ESGRIMA, CLÍNICA DEL MASAJE) E PERSOAS (PEDRO CUBELA, ADRIÁN RUIZ, MARÍA ORTÍN) QUE CONTRIBUÍRON AO ÉXITO DA PROBA.

¡GRAZAS A TOD@S!

LUNS 02/11/09

O PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DO COLEXIO SEK-ATLÁNTICO DE PONTEVEDRA SERÁ O ESCENARIO DA CELEBRACIÓN DA 1ª PROBA DO RANKING GALEGO DE SABRE 09/10 O DOMINGO 8 DE NOVEMBRO DE 2009.

Información completa

Cómo chegar

        



SÁBADO 31/10/09

CELEBRADA O VENRES 30 DE OUTUBRO A 1ª POULE DA TEMPADA DA ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA.

Clasificación Final da Poule I da Tempada


SÁBADO 19/09/09

UN DÍA PERFECTO (TARDE SOLEADA E MOITO PÚBLICO) ENMARCOU A EXHIBICIÓN DE ESGRIMA NA RÚA EN PONTEVEDRA.

               

                   

Ler información publicada no Faro de Vigo


MÉRCORES 16/09/09

A ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA REALIZARÁ UNHA EXHIBICIÓN O VINDEIRO VENRES 18 DE SETEMBRO NA PRAZA DA PEREGRINA DE PONTEVEDRA. DENDE AS 18h. ATA AS 19h. PARTICIPARÁN TIRADORES/AS DE DISTINTAS CATEGORÍAS PERTENCENTES AO CLUB.

INFORMACIÓN COMPLETA



XOVES 27/08/09

A PARTIRES DO LUNS 31 DE AGOSTO ENTRA EN FUNCIONAMENTO O HORARIO DE INVERNO DA ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA - PONTEVEDRA.

 HORARIO DE INVERNO

TURNO
CATEGORÍA
LUNSMARTES
MÉRCORESXOVESVENRES
MAÑÁN
Absoluta
(Adultos)



10h-11:30h

10h-11:30h
 TARDEM-12
(Infantil)

 
18h-19h 
 18h-19h
18h-19h
18h-19h
 TARDEM-15 / M-17
(Xuvenil)

19h-20h
19h-20h
19h-20h
19h-20h
19h-21h
 TARDE Absoluta
(Adultos)
20:30h-21:30h
20:30h-21:30h
20:30h-21:30h
20:30h-21:30h
19h-21h


ATENCIÓN: Desde o Luns 31 de Agosto até o Venres 11 de Setembro o horario de mañán será  de Luns a Venres das 11h. ás 12:30h. Ditas sesións irán destinadas ao traballo e acondicionamento da preparación física de cara á temporada 2009-2010.

Desde o Luns 14 de Setembro retomarase o horario regular da mañán.