VENRES 12/06/09

A PARTIRES DO VINDEIRO LUNS 29 DE XUÑO ENTRA EN FUNCIONAMENTO O HORARIO DE VERÁN DA ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA - PONTEVEDRA.    

O horario de verán estará en vigor desde o Luns 29 de Xuño até o Domingo 30 de Agosto.

HORARIO DE VERÁN


TURNO
CATEGORÍA LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
 MAÑÁN
 M-12
(Infantil)


M-15 / M-17

(Xuvenil)
 
Absoluta
(Adultos)


11:00h-12:30h

 11:00h-12:30h
 TARDEM-15 / M-17
(Xuvenil)
 
Absoluta
(Adultos)

  20:00h-21:30h
   20:00h-21:30h 


LUNS 08/06/09

4 TIRADORES DA ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA - PONTEVEDRA OBTEÑEN MEDALLA NO CAMPIONATO GALEGO DE SABRE ABSOLUTO 2009 CELEBRADO EN FERROL O PASADO SÁBADO.

Dani de Faveri acadou o Bronce nun Campionato Galego de Sabre Absoluto moi complicado e dominado polos "elementos". No Sabre Feminino tamén lle foron ben as cousas ás nosas tiradoras, que acadaron a Prata e os dous Bronces, con Sarah Bott, Miren Blanco e Carla Rascado respectivamente.

O 3º posto acadado por Dani De Faveri permítelle poñerse á fronte da clasificación de Ranking Galego de Sabre Masculino Absoluto e rematar unha excelente temporada como líder de todas as categorías autonómicas e Campión Galego en tres delas, así coma o 11º posto acadado na Fase Final do Campionato de España M-15.

Pola súa parte, Sarah Bott, grazas á prata obtida nesta proba, remata a temporada 2008/2009 como líder do Ranking Galego de Sabre Feminino Absoluto.

Desde o Club queremos agradecer a presencia de tod@s @s tiradores/as nas probas de Sabre celebradas durante a temporada, así como a implicación e os folgos da xente do Compostela Esgrima, do Club de Esgrima Lugo, do Club de Esgrima Tres Armas de Ferrol e de tanta, tantísima xente, que sería imposible cital@s aquí a tod@s. ¡¡Dádevos por felicitad@s!!

E un consello........

NUNCA PERDADES A ILUSIÓN DE PRACTICAR TAN NOBRE DEPORTE

"LATRANT ET SCITIS ESTATINT PRAETESQUITANTES ESTIS"





XOVES 04/06/09

O PASADO 29 DE MAIO REMATARON AS POULES SEMANAIS INTERNAS DA TEMPORADA 08/09. GRAZAS A TOD@S @S TIRADORES/AS DO CLUB POR PARTICIPAR SEMANALMENTE E DARLLE DIVERSIÓN, INTENSIDADE E EMOCIÓN. OS VENCEDORES DAS POULES DA ESCOLA HUNGARESA NAS DISTINTAS CATEGORÍAS SON @S SEGUINTES:

CAT. M-10/M-12: IRIA MONTERROSO         CAT. M-15/M-20: DANI DE FAVERI

CAT. ABS. (TARDE): MANU PORTELA    CAT. ABS. (MAÑÁ): ESTEBAN PAMPÍN

RESULTADOS COMPLETOS DEFINITIVOS DAS POULES



LUNS 25/05/09

ENGADIDOS OS RESULTADOS DO CAMPIONATO GALEGO DE SABRE M-20 CELEBRADO A PASADA FIN DE SEMANA EN VIGO.                                               OS SABRISTAS DA ESCOLA HUNGARESA DANI DE FAVERI E ANA BARROS FORON OS VENCEDORES DESTA TEMPORADA 2009.

       

    


LUNS 18/05/09

OS SABRISTAS DANI DE FAVERI, MANU TUDELA E MANU REY, DA ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA-PONTEVEDRA, COMPLETAN UNHA EXCELENTE TEMPORADA REMATANDO ENTRE  OS 24 MELLORES DE ESPAÑA NA FINAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA M-15 CELEBRADA O PASADO SÁBADO EN LAS ROZAS - MADRID.

Tras ter acadado hai dúas semanas o pase á Final do Campionato de España de Sabre M-15, os tiradores Dani De Faveri, Manu Tudela e Manu Rey rematan a temporada entre os mellores 24 sabristas de España na categoría M-15 e confirman a súa proxección dentro do panorama da esgrima nacional. 

De Faveri remata o Campionato de España nunha excelente 11ª posición, tras pasar a primeira ronda sen apuros e caer en 1/8 de final ante Javier Velasco (CEM).

Tanto Rey como Tudela rematan o Campionato de España nunha moi meritoria  21ª e 24ª posición, respectivamente. Deste xeito o Club Escola Hungaresa de Esgrima-Pontevedra confirma o bó traballo realizado durante esta primeira temporada de participación en competicións autonómicas e nacionais.

O vindeiro Sábado 23 de Maio desputarase en Vigo o Campionato Galego de Sabre Junior masculino e feminino e onde a Escola Hungaresa de Esgrima agarda obter os bos resultados que ven colleitando durante  toda a temporada.


                              



XOVES 14/05/09

ENGADIDOS NOVOS VÍDEOS DO GRAND PRIX DE MOSCÚ 2009 DE SABRE MASCULINO INDIVIDUAL

 Clasificación do Grand Prix de Moscú 2009 Sabre Masculino Individual


MARTES 05/05/09

MANU REY, SABRISTA DA ESCOLA HUNGARESA, ACCEDE Á FASE FINAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SABRE M-15

Manu Rey (CEHEPO), que obtivera a 25ª posición na Fase Nacional do Campionato de España de Sabre M-15 celebrada en Ciudad Real, accederá á Fase Final para completar o cadro de 24 tiradores, trala exclusión de Saverio Albertano (SAMA).

Deste xeito, o Club Escola Hungaresa de Esgrima consegue un pleno colocando a todos os tiradores nunha Fase Final entre os 24 mellores de España.

¡¡FELICIDADES, MANU!!

 


LUNS 04/05/09

TRES TIRADORES DA ESCOLA HUNGARESA DE PONTEVEDRA ENTRE OS PRIMEIROS 25 CLASIFICADOS DA FASE NACIONAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA M-15 DE SABRE MASCULINO CELEBRADA EN CIUDAD REAL O PASADO SÁBADO.

Daniel De Faveri (8º), Manuel Tudela (23º) e Manuel Rey (25º) obtiveron un excelente resultado na Fase Nacional do Campionato de España M-15 de sabre masculino celebrada en Ciudad Real. Os primeiros 24 clasificados da proba accederán á Fase Final de dito Campionato que se celebrará en Las Rozas (Madrid) o 16/17 de Maio.

De Faveri acadou final de 8, onde caeu ante Javier Velasco (CE-M), posterior medalla de bronce na proba. Manuel Tudela conseguiu meterse entre os 24 mellores tras superar o asalto de repesca ante Pablo Idarreta (CDF-SS). Manuel Rey non conseguiu o pase á Fase Final tras caer ante Santiago Pariente (VC-M), quedando nunha moi meritoria 25ª posición.

Dentro de dúas semanas, tanto De Faveri como Tudela, veranse as caras cos outros 22 tiradores presentes na Fase Final do Campionato de España M-15.

No Campionato por equipos, o Club Escola Hungaresa de Esgrima-Pontevedra (CEHEPO) acadou a 7ª praza, vencendo no tablón de 16 ao equipo da Sala de Armas de San Lorenzo de El Escorial (SASLE-M) por 45 tocados a 23 e caendo en cuartos de final ante o equipo da Sala de Armas de Madrid (SAMA), que acabaría vencendo a proba.

   


LUNS 27/04/09

ENGADIDAS AS CLASIFICACIÓNS MASCULINA E FEMININA E O ÁLBUM DE FOTOS DO Iº TROFEO MAESTRO IMRE DOBOS CELEBRADO O DOMINGO 26 DE ABRIL NO CLUB ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA-PONTEVEDRA

19 tiradores da Escola Hungaresa de Esgrima (11 homes e 8 mulleres) participaron no Iº Trofeo Maestro Imre Dobos celebrado onte en Pontevedra. A xornada transcorreu entre risas e bo ambiente e rematou con Carmen Morillo e Daniel De Faveri coma vencedores nas súas respectivas probas. En canto ás fotos da comida...mellor non colgalas...

¡Grazas a tod@s por facer posible este Trofeo e noraboa aos vencedores!

¡Os sabres agardan...de aquí a un ano!

                 


LUNS 20/04/09

O CLUB ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA-PONTEVEDRA ORGANIZA O VINDEIRO DOMINGO 26 DE ABRIL O Iº TROFEO MAESTRO IMRE DOBOS

Este Trofeo é aberto ao público en xeral, aínda que a participación está limitada aos tiradores /as da Escola Hungaresa, tanto de Galicia coma de Catalunya, maiores de 13 anos. O Trofeo leva o nome do Mestre Fundador e Director Técnico da Escola Hungaresa e consta dunha proba masculina e doutra feminina, onde o premio para o vencedor e a vencedora será un auténtico sabre da Garda Real Hungaresa.


LUNS 30/03/09

ENGADIDOS OS RESULTADOS DO CAMPIONATO GALEGO DE SABRE M-17 MASCULINO E FEMININO CELEBRADO A PASADA FIN DE SEMANA EN PONTEVEDRA

ENGADIDO O ÁLBUM DE FOTOS CORRESPONDENTE AO CAMPIONATO GALEGO DE SABRE M-17 2009 CELEBRADO EN PONTEVEDRA

                    


LUNS 16/03/09

O CLUB ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA ORGANIZA NO MES DE MARZO O CAMPIONATO GALEGO DE SABRE M-15 E M-17


LUNS 09/03/09                              

COMEZOU A ESGRIMA NAS NOITES ABERTAS 2009

Por segundo ano consecutivo o Club Escola Hungaresa de Esgrima-Pontevedra imparte unhas xornadas de inciación á esgrima, enmarcadas dentro do programa "Noites Abertas 2009" do Concello de Pontevedra, e dirixidas a moz@s de entre 12 e 30 anos. As actividades son gratuítas e non requiren inscripción previa.       O número de prazas é limitado, establecéndose un máximo de 16 participantes por sesión.     

O pasado Sábado 7 de Marzo tivo lugar a primeira xornada, onde chegamos a superar o número máximo de participantes, chegando a ser 23 persoas, nun ambiente lúdico que rematou cunha igualadísima e divertida competición por equipos. 

As actividades da Escola Hungaresa para "Noites Abertas 2009" distribúense nos meses de Marzo e Abril do seguinte xeito:

Sábado 7 de Marzo
Sábado 14 de Marzo
Sábado 21 de Marzo
Sábado 28 de Marzo
Sábado 4 de Abril

A duración de cada sesión é de 2 horas e o horario é de 20:00h. a 22:00h.

As actividades realízanse nas instalacións do C.E.I.P. Froébel, na rúa Xeneral Martitegui nº 3, en Pontevedra.

A Escola Hungaresa proporciona todo o material preciso para a realización das actividades, e recomenda aos participantes o uso de zapatillas deportivas e de roupa cómoda (chándal, etc).

Para calquer consulta ou aclaración podes poñerte en contacto con nós chamando ao 699 231 389, ou ben enviando un e-mail a esgrima@escolahungaresa.com



SÁBADO 28/02/09

ENGADIDO UN NOVO ÁLBUM DE FOTOS CORRESPONDENTE Á PARTICIPACIÓN DOS TIRADORES DO CLUB ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA - PONTEVEDRA NA FASE NACIONAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SABRE M-17 ASÍ COMO NO IX TROFEO ESCOLA HONGARESA D'ESGRIMA, CELEBRADAS AMBAS PROBAS EN BARCELONA.

       


 MARTES 27/01/09

PUBLICADOS OS CAMBIOS NO HORARIO DE MAÑÁN DA ESCOLA HUNGARESA.  A PARTIRES DO MÉRCORES 4 DE FEBREIRO ABRIMOS UN GRUPO PERMANENTE DE ESGRIMA EN HORARIO DE MAÑÁN, TAL E COMO ESTÁ NO SEGUINTE CADRO:

TURNO
CATEGORÍA
LUNSMARTES
MÉRCORESXOVESVENRES
MAÑÁN
Absoluta
(Adultos)



10h-11:30h

10h-11:30h
 TARDEM-12
(Infantil)


18h-19h 
 18h-19h
18h-19h
18h-19h
 TARDEM-15 / M-17
(Xuvenil)

19h-20h
19h-20h
19h-20h
19h-20h
19h-21h
 TARDE Absoluta
(Adultos)
20:30h-21:30h
20:30h-21:30h
20:30h-21:30h
20:30h-21:30h
19h-21h

AS ACTIVIDADES EN HORARIO DE MAÑÁN IMPARTIRANSE NAS INSTALACIÓNS DO PAVILLÓN UNIVERSITARIO, UBICADO FRONTE Á CRUZ VERMELLA.


MÉRCORES 21/01/09

PUBLICADOS NA WEB DA FEDERACIÓN GALEGA DE ESGRIMA OS RESULTADOS DO RANKING GALEGO DE SABRE DA TEMPADA 08/09 DE TODAS AS CATEGORÍAS.


VENRES 16/01/09

ENGADIDAS NOVAS FOTOS NO ÁLBUM DO 2º RANKING GALEGO DE SABRE DE PONTEVEDRA.

AGRADECER A CESIÓN DAS FOTOS A MARÍA, ALFONSO, MIREN E PIÑEIRO.         ¡QUÉ GRANDES ARTISTAS SE PERDERON POLO CAMIÑO...!


XOVES 15/01/09

ESTREAMOS A SECCIÓN "GALERÍA" ENGADINDO O ÁLBUM DE FOTOS DO 2º RANKING GALEGO DE SABRE DE PONTEVEDRA.

ENGADIDA UNHA LIGAZÓN AO PORTAL WWW.ESGRIMISTAS.NET, ONDE PODERÁS ATOPAR NOVAS, ENQUISAS, TEMAS DE DISCUSIÓN, CHAT E FOROS SOBRE O MUNDO DA ESGRIMA.


MÉRCORES 14/01/09

ENGADIDA UNHA LIGAZÓN AO EXCELENTE BLOG "PIRANOIAS", DIRIXIDO POLO MESTRE DO COMPOSTELA ESGRIMA XOSÉ PI...ÑEIRO.
ATOPAREDES, ENTRE UN MILLEIRO DE COUSAS, MOI BOAS FOTOS DO ÚLTIMO RANKING DE SABRE CELEBRADO EN PONTEVEDRA E DIVERTIDÍSIMOS COMENTARIOS (efectivamente Pi, cruzando as pernas...)

MARTES 13/01/09

ENGADIDOS OS RESULTADOS DO 2º RANKING GALEGO DE SABRE DESPUTADO EN PONTEVEDRA A PASADA FIN DE SEMANA E UN NOVO VÍDEO D@S SABRISTAS DA ESCOLA HUNGARESA PARTICIPANDO NA FESTA HQR 2008.

Vídeo da Festa HQR 2008

RESULTADOS POR CATEGORÍAS

Sabre individual feminino categoría M-15

Sabre individual masculino categoría M-15

Sabre individual feminino categoría M-20

Sabre individual masculino categoría M-20

Sabre individual feminino categoría Absoluta

Sabre individual masculino categoría Absoluta


DESDE A ESCOLA HUNGARESA QUEREMOS AGRADECER DE NOVO A COLABORACIÓN PRESTADA POR ENTIDADES (COLEGIO SEK-ATLÁNTICO, CLUB COMPOSTELA ESGRIMA, CLUB DE ESGRIMA LUGO, FEDERACIÓN GALEGA DE ESGRIMA, ESCOLA EUROPEA PARASANITARIA, MASTER DISCO MÓVIL) E PERSOAS (RUTH BALLESTEROS, EDGAR CASANOVA, MANU PORTELA) QUE CONTRIBUÍRON AO ÉXITO DO TORNEO.

¡GRAZAS A TOD@S!




MÉRCORES 07/01/09

CONFIRMADO O PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DO COLEXIO SEK ATLÁNTICO COMO LUGAR DE CELEBRACIÓN DO 2º RANKING GALEGO DE SABRE 08/09.

Cómo chegar

Información completa

                                             


DOMINGO 04/01/09

O CLUB ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA PROMOVE E ORGANIZA O 2º RANKING GALEGO DE SABRE QUE SE CELEBRARÁ OS DÍAS 10 E 11 DE XANEIRO EN PONTEVEDRA.


MARTES 23/12/08

A 1ª PROBA DE RANKING GALEGO DE SABRE CELEBRADA EN PONTEVEDRA A PASADA FIN DE SEMANA CONCLÚE CUN GRANDE ÉXITO DE PARTICIPACIÓN DE CLUBES E TIRADORES EN TODAS AS CATEGORÍAS.

DESDE A ESCOLA HUNGARESA QUEREMOS AGRADECER A DESINTERESADA COLABORACIÓN PRESTADA POR ENTIDADES (CLUB COMPOSTELA ESGRIMA, CLUB DE ESGRIMA LUGO, ESCOLA EUROPEA PARASANITARIA, MASTER DISCO MÓVIL) E PERSOAS (PABLO CUBELA, DANIEL VÁZQUEZ, ORIOL LLOSES, ÁLEX ALBERTI) QUE CONTRIBUÍRON DE XEITO IMPRESCINDIBLE AO ÉXITO DO TORNEO.

¡GRAZAS A TOD@S!


RESULTADOS POR CATEGORÍAS

Sabre individual feminino categoría M-15

Sabre individual masculino categoría M-15

Sabre individual feminino categoría M-20

Sabre individual masculino categoría M-20

Sabre individual feminino categoría Absoluta

Sabre individual masculino categoría Absoluta


MARTES 09/12/08

O CLUB ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA PROMOVE E ORGANIZA O 1º RANKING GALEGO DE SABRE QUE SE CELEBRARÁ OS DÍAS 20 E 21 DE DECEMBRO EN PONTEVEDRA.

                                                            

Máis info


XOVES 27/11/08

O CLUB ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA ORGANIZA, EN COLABORACIÓN CO SERVIZO DE DEPORTES DO CAMPUS DE PONTEVEDRA, UN CURSO DE INICIACIÓN Á ESGRIMA PARA TODA A COMUNIDADE UNIVERSITARIA.
A PARTIRES DO MARTES 2 DE DECEMBRO NAS INSTALACIÓNS DO PAVILLÓN UNIVERSITARIO.

Máis info


MÉRCORES 24/09/08

A PARTIRES DO LUNS 29 DE SETEMBRO ENTRA EN FUNCIONAMENTO O HORARIO DE INVERNO NO CLUB ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA-PONTEVEDRA

TURNO
CATEGORÍA
LUNSMARTES
MÉRCORESXOVESVENRES
MAÑÁN
Absoluta
(Adultos)


10h-11:30h
 
10h-11:30h
 
 TARDEM-12
(Infantil)


18h-19h 
 18h-19h
18h-19h
18h-19h
 TARDEM-15 / M-17
(Xuvenil)

19h-20h
19h-20h
19h-20h
19h-20h
19h-21h
 TARDE Absoluta
(Adultos)
20:30h-21:30h
20:30h-21:30h
20:30h-21:30h
20:30h-21:30h
19h-21h