NOTICIAS


LUNS 06/05/13

O PASADO DOMINGO 12 DE MAIO CELEBROUSE EN BARCELONA O 2º TORNEO NACIONAL DE RANKING DE SABRE DE CATEGORÍA M-15, CLASIFICATORIO PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA DA MESMA CATEGORÍA.
OS TIRADORES DA ESCOLA HUNGARESA ÁLEX POMBO, JAVI CAMPELO E CHEMA CARRERA ACADARON A SÚA CLASIFICACIÓN EN 22ª, 40ª E 42ª POSICIÓN RESPECTIVAMENTE.



LUNS 06/05/13


HISTÓRICO PLENO DA ESCOLA HUNGARESA EN TODOS OS PODIOS DE SABRE NO CAMPIONATO GALEGO DE ESGRIMA INFANTIL E JUNIOR CELEBRADO EN VIGO O PASADO SÁBADO 4 DE MAIO.

NO SABRE MASCULINO DE CATEGORÍA INFANTIL O CAMPIÓN FOI JAVIER CAMPELO FRONTE AO SEU COMPAÑEIRO ÁLEX POMBO, POR 15 TOCADOS A 13.
AS MEDALLAS DE BRONCE FORON PARA OS IRMÁNS LUIS E PAULO CASTRO.

NO SABRE FEMININO JUNIOR NATALIA FERNÁNDEZ ACADOU O TÍTULO FRONTE Á SÚA COMPAÑEIRA ÁNGELA DE FAVERI.
ANA BARROS E ELBA GARCÍA FIXÉRONSE COAS MEDALLAS DE BRONCE.

NO SABRE MASCULINO JUNIOR DANIEL DE FAVERI VENCEU A TELMO FERNÁNDEZ POR 15 A 10.
VÍCTOR REVENGA E IGNACIO PASTOR OBTIVERON SENDAS MEDALLAS DE BRONCE.

               



LUNS 15/04/13


O II TROFEO PIRATA BENITO SOTO REMATOU CUN ENORME ÉXITO DE PARTICIPACIÓN E PÚBLICO NO POLIDEPORTIVO DO COLEXIO SEK ATLÁNTICO DE PONTEVEDRA.
A ESCOLA HUNGARESA ACADOU 23 MEDALLAS NAS DIFERENTES CATEGORÍAS DESPUTADAS.


           MINIESGRIMA                       SABRE MASCULINO M-12                    SABRE FEMININO M-12 

SABRE MASCULINO M-15         SABRE MASCULINO ABSOLUTO         SABRE FEMININO ABSOLUTO 



 

 
MÉRCORES 10/04/13


A ESCOLA HUNGARESA ORGANIZA A VINDEIRA FIN DE SEMANA O II TROFEO PIRATA BENITO SOTO, TERCEIRA PROBA PUNTUABLE PARA O RANKING GALEGO DE SABRE 12/13.
O SÁBADO 13 DE ABRIL DESPÚTANSE AS PROBAS DE MINIESGRIMA, SABRE M-12 E SABRE FEMININO ABSOLUTO.
O DOMINGO 14 DE ABRIL ENTRARÁN EN XOGO O SABRE MASCULINO M-15 E ABSOLUTO.




LUNS 11/03/13

A ESCOLA HUNGARESA ACADOU DÚAS MEDALLAS DE BRONCE NO III CRITERIUM NACIONAL DE SABRE M-10 E M-12 CELEBRADO EN CIUDAD REAL O PASADO SÁBADO 9 DE MARZO E NO QUE PARTICIPARON  UN TOTAL DE MÁIS DE 150 TIRADORES NAS CATEGORÍAS M-7, M-10 E M-12.
BORIS BUNIMOV LOGROU UNHA DAS MEDALLAS EN SABRE INDIVIDUAL M-10.
A OUTRA MEDALLA FOI PARA O EQUIPO DE SABRE M-12, FORMADO POR PABLO GONZÁLEZ, TOMÁS QUIREZA E ALBERTO CAMPELO.
NO TORNEO DE SABRE INDIVIDUAL M-12 ESTES TIRADORES FINALIZARON EN 5ª, 9ª E 12ª POSICIÓN, DE ENTRE MÁIS DE 70 PARTICIPANTES.
EMILIO CABO REMATOU NA 29ª PRAZA.

        
 


LUNS 04/03/13

EXTRAORDINARIA FESTA DE 5º ANIVERSARIO DA ESCOLA HUNGARESA CELEBRANDO O V TROFEO MAESTRO IMRE DOBOS, DESPUTADO NAS CATEGORÍAS DE SABRE INFANTIL, SABRE ABSOLUTO E ESGRIMA ANTIGA.
NO SABRE INFANTIL A VICTORIA FOI PARA TOMÁS QUIREZA FRONTE A PABLO GONZÁLEZ.
ENRIQUE FARIÑAS E ALBERTO CAMPELO ACADARON A MEDALLA DE BRONCE.

NO SABRE FEMININO ABSOLUTO ANTONELLA BUNIMOV LOGROU O SABRE HÚNGARO VENCENDO A ANA BARROS POR 15 TOCADOS A 13.
NATALIA FERNÁNDEZ E ÁNGELA DE FAVERI GAÑARON A MEDALLA DE BRONCE.

NO SABRE MASCULINO ABSOLUTO VENCEU DANIEL DE FAVERI, LOGRANDO A SÚA TERCEIRA VICTORIA CONSECUTIVA NESTE TORNO E FACÉNDOSE CO SABRE HÚNGARO DEFINITIVAMENTE.
GAÑOU NA FINAL A TELMO FERNÁNDEZ, POR 15 TOCADOS A 8.
PABLO SUÁREZ E IGNACIO PASTOR FINALIZARON COA MEDALLA DE BRONCE.
NO TORNEO DE ESGRIMA ANTIGA A VICTORIA FOI PARA CARLOS TORRES FRONTE A ALBERTO ABAL.
AS MEDALLAS DE BRONCE FORON PARA MANUEL VILARIÑO E IAGO FERNÁNDEZ.
A XORNADA TRANSCORREU NUN AMBIENTE FESTIVO ONDE FAMILIARES, AMIG@S E CURIOS@S DESFRUTARON DAS DISTINTAS PROBAS.
O V TROFEO MAESTRO IMRE DOBOS REMATOU COA CELEBRACIÓN DUNHA CEA PARA CONMEMORAR O QUINTO ANIVERSARIO DO CLUB ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA-PONTEVEDRA.

     

        

 



LUNES 25/02/13


O VINDEIRO SÁBADO 2 DE MARZO TERÁ LUGAR O V TROFEO MAESTRO IMRE DOBOS, PROBA DE CARÁCTER INTERNO QUE ENFRONTA AOS TIRADORES DAS DISTINTAS SALAS DA ESCOLA HUNGARESA.
DENDE AS 10:30h. COMEZAN OS TORNEOS NAS CATEGORÍAS DE SABRE INFANTIL, SABRE ABSOLUTO (MASCULINO E FEMININO) E ESGRIMA ANTIGA.

O PRINCIPAL E ATRACTIVO TOFEO É UN AUTÉNTICO SABRE DA GARDA REAL HÚNGARA POLO QUE LOITARÁN MÁIS DE 40 TIRADORES.





DOMINGO 23/12/12

ESPECTACULAR PARTICIPACIÓN E RESULTADOS NO I CRITERIUM GALEGO DE SABRE E NO 2º TORNEO DE RANKING GALEGO DE SABRE M-15 E ABSOLUTO QUE ORGANIZOU A ESCOLA HUNGARESA NAS INSTALACIÓNS DO COLEXIO SEK ATLÁNTICO EN PONTEVEDRA O PASADO SÁBADO 22 DE DECEMBRO.
CASE 40 NEN@S PARTICIPARON NO CRITERIUM NAS CATEGORÍAS DE MINIESGRIMA, SABLETTO E SABRE MIXTO M-12, CONVERTÍNDOSE NA GRANDE FESTA DO SABRE PARA NEN@S EN GALICIA.
PARALELAMENTE CELEBRÁRONSE AS PROBAS DE RANKING GALEGO DE SABRE MASCULINO M-15 E SABRE FEMININO ABSOLUTO.
POLA TARDE LEVOUSE A CABO O TORNEO DE SABRE MASCULINO ABSOLUTO.

A CONTINUACIÓN PUBLICAMOS AS CLASIFICACIÓNS DE TODAS AS CATEGORÍAS:


Miniesgrima           Sabletto Mixto            Sabre Mixto M-12

Sabre Masculino M-15          Sabre Feminino Absoluto          Sabre Masculino Absoluto




  
         



DOMINGO 16/12/12

NATALIA FERNÁNDEZ CONCLÚE EN 17ª POSICIÓN NA COPA DO MUNDO DE SABRE FEMININO JUNIOR DE CIUDAD REAL.
A PIQUES ESTIVO DE ACADAR O CADRO DE 16 TIRADORAS, PERDENDO NO ASALTO ANTERIOR POR UN AXUSTADO 15-14.
TRÁTASE DUN MAGNÍFICO RESULTADO NA SÚA PRIMEIRA PARTICIPACIÓN NUNHA PROBA INTERNACIONAL.







DOMINGO 09/12/12


XA ESTÁ Á VENDA A NOVA CAMISETA DA ESCOLA HUNGARESA, DESEÑADA POLO NOSO AMIGO RAMÓN CARNERO.
AS UNIDADES SON LIMITADAS. ¡ XA PODES RESERVAR A TÚA!
NA SECCIÓN "TENDA CLUB" PODERÁS ATOPAR AS CARACTERÍSTICAS DA CAMISETA E A RELACIÓN DE TALLAS PARA NEN@, MULLER E HOME.


 
VENRES 07/12/12

A TIRADORA NATALIA FERNÁNDEZ, ACTUAL CAMPIONA DE ESPAÑA M-15, ACADA A CLASIFICACIÓN PARA COMPETIR NA COPA DO MUNDO DE SABRE FEMININO M-20 QUE SE CELEBRARÁ EN CIUDAD REAL O VINDEIRO SÁBADO 15 DE DECEMBRO DE 2012.
GRAZAS Á SÚA POSICIÓN NO RANKING NACIONAL M-20 PODERÁ PARTICIPAR NA SÚA PRIMEIRA PROBA INTERNACIONAL.
TRÁTASE DA PRIMEIRA PARTICIPACIÓN DUNHA TIRADORA DO NOSO CLUBE NUNHA COPA DO MUNDO, AGARDANDO QUE SE TRATE DA PRIMEIRA DE MOITAS.




LUNS

LUNS 03/12/12

O PASADO DOMINGO 2 DE DECEMBRO CELEBROUSE NO C.N.E. DE MADRID O 1º TORNEO NACIONAL DE RANKING DE SABRE DE CATEGORÍA M-15 DA PRESENTE TEMPORADA.
UN TOTAL DE TRES TIRADORES REPRESENTABAN Á ESCOLA HUNGARESA.
NO SABRE MASCULINO ALEJANDRO POMBO ACADOU A 19ª PRAZA MENTRES QUE O SEU COMPAÑEIRO JAVIER CAMPELO REMATOU NA 35ª POSICIÓN.
NO SABRE FEMININO ÁNGELA DE FAVERI CONCLUIU NO 12º POSTO.
OS TRES AMOSARON UN BO NIVEL E A CAPACIDADE DE AUMENTAR AS EXPECTATIVAS DE CARA A AFRONTAR FUTUROS COMPROMISOS COMPETITIVOS.






LUNS 19/11/12

O I TROFEO RÍAS BAIXAS REMATOU CUN NOTABLE ÉXITO DE ORGANIZACIÓN E PARTICIPACIÓN.
NO TORNEO NACIONAL DE RANKING DE SABRE JUNIOR MASCULINO O VENCEDOR FOI PABLO MARTÍNEZ (CENO-M) FRONTE AO SEU COMPAÑEIRO DANIEL DEL VALLE POR 15 TOCADOS A 13.
AS MEDALLAS DE BRONCE FORON PARA ANDRÉS HERNÁNDEZ (CEM) E JAIME GONZÁLEZ (SASLE).

NO SABRE JUNIOR FEMININO A VENCEDORA FOI CELIA PÉREZ (CEL-M) FRONTE A Mª TERESA BETEGÓN (CEM) POR 15 TOCADOS A 11.
AS MEDALLAS DE BRONCE RECAERON EN SARA ESTRADA E MARTA RUIZ, AMBAS DA SAMA.
NATALIA FERNÁNDEZ (CEHEPO) REMATOU NUNHA EXCELENTE 6ª PRAZA.

NA FASE NACIONAL DE SABRE MASCULINO POR EQUIPOS GAÑOU O CLUB DE ESGRIMA LEGANÉS AO CLUB DE ESGRIMA BARAJAS. A 3ª PRAZA FOI PARA O CLUB DE ESGRIMA NORTE.

NO SABRE FEMININO O EQUIPO VENCEDOR FOI O DO CLUB DE ESGRIMA DE MADRID FRONTE AO EQUIPO DO CLUB DE ESGRIMA NORTE.
A MEDALLA DE BRONCE FOI PARA O EQUIPO DA ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA, COMPOSTO POLAS TIRADORAS ANA BARROS, IRIA MONTERROSO, NATALIA FERNÁNDEZ E ANTONELLA BUNIMOV.


NA XORNADA DO DOMINGO LEVOUSE A CABO O RANKING GALEGO DE SABRE PARA AS CATEGORÍAS M-15 E ABSOLUTA.

NO SABRE MASCULINO M-15 VENCEU LUIS CASTRO, DA ESCOLA HUNGARESA, FRONTE A FÁBIO MARTINS (CJC-PORTUGAL) POR 15 TOCADOS A 5.
PAULO CASTRO E ÁLEX POMBO SE FIXERON COA MEDALLA DE BRONCE.

NO SABRE FEMININO ABSOLUTO AS TIRADORAS DA ESCOLA HUNGARESA COPARON O PODIO, CON ANA BARROS NO 1º POSTO, SEGUIDA DE NATALIA FERNÁNDEZ.
ANTONELLA BUNIMOV E ÁNGELA DE FAVERI REMATARON NO 3º POSTO DO CAIXÓN.

NO SABRE MASCULINO ABSOLUTO VENCEU VÍCTOR REVENGA, DA ESCOLA HUNGARESA, A MARCO ROMERO (AFA-PORTUGAL). IGNACIO PASTOR (CEHEPO) E MANUEL TUDELA (CENO-M) FORON 3º.
 
                           



LUNS 12/11/12

O VINDEIRO SÁBADO 17 E DOMINGO 18 DE NOVEMBRO A ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA ORGANIZA NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES DE PONTEVEDRA O I TROFEO RÍAS BAIXAS, QUE INCLÚE O TORNEO NACIONAL DE RANKING DE SABRE DE CATEGORÍA JUNIOR (INDIVIDUAL E POR EQUIPOS) E A PRIMEIRA PROBA DE RANKING GALEGO DE SABRE DA TEMPORADA 2012/2013 PARA AS CATEGORÍAS M-15 E ABSOLUTA.
ESTE EVENTO CONTARÁ COA PARTICIPACIÓN DE SABRISTAS DE TODA ESPAÑA E PORTUGAL, QUE COMPETIRÁN POR ACADAR O PASE AO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SABRE DE CATEGORÍA JUNIOR.
 

  

 

LUNS 29/10/12

@S SABRISTAS DA ESCOLA HUNGARESA PARTICIPARON NO PRIMEIRO TORNEO DE CATEGORÍA CADETE DA TEMPORADA 2012/2013 CELEBRADO EN BARCELONA O PASADO DOMINGO 28 DE OUTUBRO.
EN SABRE FEMININO IRIA MONTERROSO OBTIVO A MELLOR POSICIÓN REMATANDO 13ª. ANTONELLA BUNIMOV REMATOU NA 17ª PRAZA.
EN SABRE MASCULINO O MELLOR RESULTADO FOI PARA VÍCTOR REVENGA (25º) SEGUIDO DE IGNACIO PASTOR (35º) E TELMO FERNÁNDEZ (42º).






LUNS 24/09/12

@S AMIG@S DE PONTE.TV FIXERON UN EXCELENTE E DINÁMICO CLIP SOBRE O I TORNEO MASTERS DE ESGRIMA GALICIA ORGANIZADO POLA ESCOLA HUNGARESA NA PRAZA DA PEREGRINA DE PONTEVEDRA E QUE LIGAMOS A CONTINUACIÓN:




LUNS 10/09/12

ESPECTACULAR A ACOLLIDA QUE TIVO ENTRE O PÚBLICO O I TORNEO MASTERS DE ESGRIMA GALICIA, CELEBRADO O PASADO SÁBADO NO MARCO INCOMPARABLE DA PRAZA DA PEREGRINA DE PONTEVEDRA.

DECEAS DE PERSOAS PRESENCIARON DENDE AS 17h. O TORNEO DE ESGRIMA HISTÓRICA CON ESPADA LONGA, ONDE OS TIRADORES DA ESCOLA HUNGARESA JORDI ACUÑA E PERO DA PONTE ACADARON AS MEDALLAS DE OURO E BRONCE RESPECTIVAMENTE.

A PARTIRES DAS 19h. DEU COMEZO O TORNEO DE ESGRIMA OLÍMPICA ONDE @S MELLORES ESGRIMISTAS DE GALICIA AMOSARON A SÚA DESTREZA ANTE O PÚBLICO PRESENTE:
EN ESPADA FEMININA ROSA CANO (CECV) VENCEU A MAGDALENA BARRO (CECO).
EN ESPADA MASCULINA XOSÉ PIÑEIRO (COMES) VENCEU A PABLO FUENTES (100TOLOS).
EN FLORETE FEMININO MARÍA MARIÑO (OLIVO) VENCEU A IRENE ROMERO (OLIVO).
EN FLORETE MASCULINO MANEL VILLADÓNIGA (100TOLOS) VENCEU A JOSÉ Mª FERNÁNDEZ (CECO).
EN SABRE FEMININO NATALIA FERNÁNDEZ (CEHEPO) VENCEU A ANA BARROS (CEHEPO).
EN SABRE MASCULINO ADRIÁN CUBELA (CEHEPO) VENCEU A MANUEL TUDELA (CEHEPO).

TRALA FINALIZACIÓN DO TORNEO O PRESIDENTE DA F.G.E. FIXO ENTREGA DOS DIPLOMAS AOS MELLORES ESGRIMISTAS DA TEMPORADA PASADA,ENTRE @S QUE FORON GALARDOAD@S @S NOS@S SABRISTAS NATALIA FERNÁNDEZ, ANA BARROS, VÍCTOR REVENGA E MANUEL TUDELA.

    

   



MÉRCORES 05/09/12


O VINDEIRO SÁBADO 8 DE SETEMBRO CELEBRARASE EN PONTEVEDRA O I TORNEO MASTERS DE ESGRIMA GALICIA.
DENDE AS 17h. DESPUTARASE UN TORNEO ABERTO DE ESGRIMA HISTÓRICA CON ESPADA LONGA ONDE PARTICIPARÁN TIRADORES DE TODA GALICIA.
A PARTIRES DAS 19h. TERÁ LUGAR O TORNEO DE ESGRIMA DEPORTIVA, QUE ENFRONTARÁ, NUN FORMATO DE ASALTO ÚNICO (FINAL), AOS VIXENTES CAMPIÓNS GALEGOS COS LÍDERES DO RANKING GALEGO EN CADA ARMA (ESPADA, FLORETE E SABRE) DE CATEGORÍA ABSOLUTA, MASCULINA E FEMININA.
O TORNEO CONTARÁ COA PARTICIPACIÓN DE TIRADORES E TIRADORAS DO MÁXIMO NIVEL NACIONAL E INTERNACIONAL.
A ESCOLA HUNGARESA APORTA DOUS TIRADORES E DÚAS TIRADORAS A ESTE TORNEO, TOD@S NA MODALIDADE DE SABRE.




LUNS 03/09/12

A ESCOLA HUNGARESA PARTICIPOU DE XEITO MOI ACTIVO NA XIII FEIRA FRANCA CELEBRADA EN PONTEVEDRA A PASADA FIN DE SEMANA.
DENDE MEDIODÍA E ATA AS 8 DO SERÁN @S ESGRIMISTAS DO CLUBE ESTIVERON REALIZANDO COMBATES DE EXHIBICIÓN, DUELOS DE ESPADA LONGA CO PÚBLICO ASISTENTE E OBRADOIROS DE INICIACIÓN Á ESGRIMA PARA NEN@S E ADULT@S, QUE LEVARON Á AVENIDA DE MONTERO RÍOS A DUCIAS DE PERSOAS INTERESADAS POLAS NOSAS ACTIVIDADES.


        


VENRES 31/08/12

XA ESTÁN DISPOÑIBLES Á VENDA AS NOVAS CHAPAS DE ESGRIMA CON CINCO DESEÑOS DIFERENTES.
NA SECCIÓN "TENDA CLUB" ATOPARÁS TODOS OS MODELOS A UN PREZO ÚNICO.

CHAPAS ESGRIMA PONTEVEDRA

Chapas de 38 mm. con varios deseños

2 €/unidade

       

       

         

LUNS 27/08/12

O NOVO HORARIO DA ESCOLA HUNGARESA PARA A TEMPORADA 2012/2013 ENTRARÁ EN VIGOR O VINDEIRO LUNS 3 DE SETEMBRO CON ALGUNHAS NOVIDADES RESPECTO Á PASADA CAMPAÑA.

CATEGORÍAS

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

ADULTOS MAÑÁN

 

10:30h-12:00h


10:30h-12:00h


MINIESGRIMA

18:00h-19:00h

18:00h-19:00h

M-12

 

18:00h-19:00h

18:00h-19:00h

18:00h-19:00h

18:00h-19:00h

M-15 / M-17 / M-20

19:00h-20:30h

19:00h-20:30h

19:00h-20:30h

19:00h-20:30h

19:00h-20:30h

ADULTOS TARDE


20:30h-22:00h

20:30h-22:00h

20:30h-22:00h

19:00h-20:30h

ESGRIMA ADAPTADA
PENDENTE
PENDENTEPENDENTEPENDENTEPENDENTE
ESGRIMA ANTIGA
21:00h-22:30h

21:00h-22:30h