CLUB

Promovido polo mestre hungarés de esgrima Imre Dobos, fundador e director do Club Escola Hongaresa d'Esgrima de Barcelona, nace no ano 2007 o Club Escola Hungaresa de Esgrima-Pontevedra, unha entidade deportiva de carácter social co propósito de introducir e fomentar a práctica da esgrima en Pontevedra.

O Club Escola Hungaresa de Esgrima-Pontevedra está inscrito no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia e goza de recoñecemento legal por parte das institucións públicas (Xunta de Galicia, Concello de Pontevedra).
O Club está integrado de pleno dereito na Federación Galega de Esgrima -F.G.E.- e na Real Federación Española de Esgrima -R.F.E.E.-