ACTIVIDADES CLUB

As nosas actividades están abertas a alumn@s dende os 5 ata os 99 e están divididas en varios grupos e categorías:


Miniesgrima (5-7 anos) e Esgrima Infantil (8-12 anos):
A Escola Hungaresa achega aos máis pequenos ao mundo da esgrima para que se familiaricen coas pautas e conceptos básicos a través de xogos e exercicios de esgrima e o emprego de material específico para nen@s como sabres de espuma e caretas de plástico. A medida que progresan técnica e tácticamente comezan a utilizar sabres e caretas de metal.

Esgrima Junior (13-20 anos):
Esgrima de ocio e de competición para moz@s das categorías xuvenís. Clases de iniciación, perfeccionamento e tecnificación.          Aprendizaxe das pautas e conceptos básicos así como das técnicas complexas e especializadas que lles permitan alcanzar un nivel competitivo óptimo, podendo participar en torneos de ámbito autonómico, nacional e internacional.

Esgrima para adultos:
Esgrima de ocio e de competición para persoas maiores de 20 anos.
Clases de iniciación, perfeccionamento e tecnificación.           Na esgrima de ocio os adultos poden:                                                                                                                                                       - Realizar unha actividade física e mental, técnica e táctica que resulta moi saludable e divertida.
- Aprender unha técnica secular que proporciona coordinación, concentración, ritmo, axilidade...
- Desconectar da rutina diaria, relaxarse, distraerse e practicar unha actividade entretida.
- Coñecer xente e formar novas amizades a través dunha práctica común.

Os adultos tamén poden competir en torneos autonómicos, nacionais e internacionais, existindo un circuito de competición moi amplo e variado de categoría senior e veteráns.

Esgrima adaptada:
Esgrima de ocio e de competición para persoas con movilidade reducida.
Clases de iniciación, perfeccionamento e tecnificación. Aprendizaxe das pautas e conceptos básicos así como das técnicas complexas e especializadas que lles permitan alcanzar un nivel competitivo óptimo, podendo participar en torneos de ámbito autonómico, nacional e internacional.              

Esgrima antiga:
Esgrima histórica con réplicas de armas antigas, englobada dentro das artes marciais europeas.                                                          
Clases de iniciación e perfeccionamento con distintas armas (espada longa, espada roupeira...).                                      Participación en torneos e eventos de época.


Complementando a práctica cotiá da esgrima e os adestramentos, a Escola Hungaresa pretende dar a coñecer a disciplina fomentando a organización de torneos, obradoiros de iniciación e tecnificación, exhibicións públicas e representacións de esgrima escénica e teatral.